Apple poderÃa ter disolto o equipo detrás das Vision Pro
xoves, 30 de abril do 2026
A primeiros de 2024 Apple tivo a ousadÃa de comercializar nalgúns territorios un visor de realidade estendida de alta gama, as Vision Pro, coa intención de mudar o xeito de traballar e relacionarse coa tecnoloxÃa. AÃnda que non foron poucos os entusiastas de territorios onde non se vendÃa oficialmente o dispositivo que se fixeron co mesmo, as vendas terÃan sido moi inferiores ao previsto pola compañÃa de Cupertino.
Cando renovaron o seu procesador o pasado mes de outubro nin sequera se molestaron en ampliar a súa distribución europea a paÃses como España, o que supón un importante atranco, xa que, aÃnda que sexa posible adquirir o visor na veciña Francia, as aplicacións para Vision Pro non están dispoñibles na App Store española, para frustración de consumidores e desenvolvedores.
Ante este escenario non sorprende o ruxerruxe de que Apple estarÃa a centrar os seus esforzos actuais en prepara lentes que poidan competir coas Ray-Ban de Meta, e agora dende MacRumors engaden que Apple terÃa tirado toalla co formato actual das Vision Pro tras comprobar que a súa actualización non conseguiu revitalizas o interese polo trebello. Apuntan a que os traballadores de Apple asignados a Vision Pro estarÃan a redistribuÃrse entre outros equipos da compañÃa da mazá, o que confirmarÃa as informacións que apuntaban a que Apple terÃa abandonado a idea de lanzar proximamente unhas supostas Vision Air (modelo do visor máis lixeiro e económico).
Todo isto non quere dicir que Apple deixe de vender as Vision Pro nin abandone o mercado da realidade estendida, senón que simplemente estarÃa a pór en pausa os lanzamentos nesta dirección, para centrarse en produtos de consumo máis masivos. Podemos entender que Apple está a agardar a que a tecnoloxÃa avance o suficiente como para que un futuro visor poida adoptar un factor de forma moito máis compacto e cómodo, que permita que o concepto de computación espacial que defenden poida ir moito máis aló dun produto que algúns describen como un kit de desenvolvemento que chegou a venderse en tendas.
