Apple presenta os iMac con M4
luns, 28 de outubro do 2024
Apple inicia a súa semana de presentacións dando a coñecer o novo iMac, o seu ordenador todo-en-un de sobremesa, que desta volta conta con procesador M4 e Apple Intelligence, asegurando a compañÃa da mazá que estamos ante o mellor ordenador desta categorÃa para a intelixencia artificial, revolucionando o xeito no que os usuarios poden traballar, comunicarse e expresarse.
Estes equipos chegan en novas coras e cunha pantalla Retina 4,5K de 24 polgadas que contan cunha nova opción de vidro nanotexturizado (algo moi apreciado polos que teñen que colocar o equipo nun lugar no que a luz pode provocar molestos reflexos).
Accesorios con USB-C
O novo iMac incorpora unha cámara de 12 MpÃxeles con encadre automático, até 4 portos Thunderbolt 4, unha configuración básica con 16 GB de memoria unificada e unha novidade que tamén se fixo agardar: os seus accesorios (teclado, rato e trackpad) contan por fin con conectividade USB-C.
O almacenamento escala o prezo
Chegan ao mercado o vindeiro 8 de novembro, cun prezo de partida de 1.519 euros para a versión con 16 GB de memoria, 256 GB de almacenamento e sen porto Gigabit Ethernet (sendo isto último un detalle bastante sorprendente, xa que o público non está afeito a ter que pagar un suplemento de 30 euros por algo tan fundamental como unha conexión de rede por cable). A versión máis completa, con pantalla de vidro nanotexturizado, 32 GB de memoria, 2 TB de almacenamento e teclado con Touch ID terÃa un prezo de 3.409 euros, dando a entender que as marxes de beneficio de Apple nesta gama de equipos están baseadas principalmente na capacidade de almacenamento, cun prezo absurdamente esaxerado (cobrar 920 euros por pasar de 256 GB a 2 TB de almacenamento semella un abuso, cando as unidades desa capacidade custan pouco máis de 100 euros).
O salto destes equipos a M4 supón un incremento de potencia notable, especialmente se os comparamos cos iMac con M1 de 2021, conseguindo que as aplicacións de produtividade fosen até 1,7 veces máis rápido, mentres que os filtros complexos de aplicacións de edición fotográfica e de vÃdeo vaian a máis do dobre de velocidade.
En conectividade contan con Wi-Fi 6E e Bluetooth 5.3, e contan coa opción de equiparse con teclado con Touch ID para desbloquear o ordenador ou realizar pagamentos en liña dun xeito seguro.
Chega Apple Intelligence
Pero o lanzamento dos novos iMac chega acompañado pola intelixencia artificial da compañÃa da mazá, Apple Intelligence, que no caso dos ordenadores lánzase globalmente con macOS Sequoia 15.1, aÃnda que cunha limitación moi importante (só está dispoñible en inglés de EE.UU.) que non se solucionará até abril de 2025, que será cando se estree o soporte para español e tamén cando Apple Intelligence chegará a dispositivos móbiles en Europa.
A tecnoloxÃa de Apple Intelligence non está a ter unha despregadura pausada a nivel xeográfico, senón tamén en funcionalidades, e polo momento apenas resulta de utilidade, xa que se limita ferramentas de escritura (revisar textos, modificar o seu ton e realizar resumos), realizar buscas na aplicación de Fotos en linguaxe natural e crear imaxes, ou sexa, que aÃnda está moi lonxe do que pode facerse, por exemplo, coa aplicación de ChatGPT.
Estamos ante o que, polo momento, non é máis que unha promesa de Apple, pois as funcións máis agardadas, como a mellora de Siri, tardarán bastantes meses en facerse realidade.
Polo momento anuncian que en decembro chegará outra grande actualización desta tecnoloxÃa, aÃnda que boa parte das funcións non estarán dispoñibles até o mes de abril, ou sexa, 10 meses despois da súa presentación pública na WWDC, o que é todo un problema de cara á comercialización dos novos iPhone 16, móbiles dos que as súas prestacións empregadas como reclamo se basean en funcións futuras, de aà que non falten voces recomendado saltar esta xeración de teléfonos, pois as súas novidades non serán unha realidade até pouco antes do lanzamento da súa vindeira xeración.
VÃdeo de presentación dos iMac con M4