Apple presenta os iPhone 5C e 5S
martes, 10 de setembro do 2013- O evento de hoxe comezou facendo un repaso das novidades de iOS 7
Esta tarde Apple celebrou a agardada conferencia destinada a
dar a coñecer os novos modelos de iPhone, partindo coa presentación das
novidades do seu sistema operativo, iOS
7, que o vindeiro 18 de setembro estará dispoñible para os usuarios de
iPhone, iPad e iPod Touch, engadindo un detalle bastante interesante para os
usuarios, que é feito de que as aplicacións Pages, Numbers, Keynote, iPhone e
iMovie, con prezos de entre 4,49 e 8,99 euros cada unha, pasarán a ser de
balde, o que supón un importante avance no uso de dispositivos con iOS para a
produtividade sen ter que adquirir software adicional (aÃnda que esta oferta só
estará dispoñible para quen active un dispositivo con iOS a partir do 1 de
setembro).
iPhone 5C: plástico, cores, pero pouco económico
Pero o sistema operativo non podÃa ser a estrela da xornada, principalmente
porque leva meses en probas, de xeito que dista moito de ser unha novidade para
o público, aÃnda que os anuncios de verdade tampouco foron unha sorpresa, senón
a confirmación de que este ano teremos un sucesor do iPhone 5 chamado iPhone
5S, e un modelo económico chamado
iPhone 5C.
O iPhone 5C poderÃa
considerarse realmente como o produto que realmente captaba unha maior atención
esta tarde, polo que poderÃa supor a chegada ao mercado dun smartphone de Apple
considerado como de baixo custo, o que
para moitos foi unha grande decepción, pois finalmente o iPhone 5C non deixa de
ser unha versión do vello iPhone 5 ao que se lle colocou unha carcasa de
policarbonato de cor verde, azul, amarela, rosa ou branca, e á que se lle
mellorou a cámara frontal (para permitir a captura de vÃdeo a 720p).
Pero a
grande decepción chegou o verse que o prezo será o habitual para o iPhone do
ano anterior, ou sexa, que o iPhone 5C o que fará realmente é substituÃr ao
iPhone 5 no catálogo de Apple, ofrecéndose a un prezo duns 100 euros menos que
o seu irmán maior, o iPhone 5S. A opción máis barata que quedarÃa dispoñible
serÃa a do iPhone 4S,
que xa mudou o seu prezo libre aos 399 euros, e que nos EE.UU. ofrecerase
de balde con algunhas operadoras (cun plan de datos e un compromiso de
permanencia de 24 meses).
Un detalle curioso sobre o iPhone 5C é que, pese a que xa se vende en cores
rechamantes, contará con fundas de distintas cores, que incluso teñen buratos
para deixar ver a carcasa do móbil, que ao ofrecerse en 6 cores distintas crean
un total de 30 combinacións cromáticas que conseguir ao combinar móbil e funda.
VÃdeo de presentación do iPhone 5C
iPhone 5S: máis potente, con mellor cámara e con sensor biométrico
O smartphone que si foi unha novidade real é o iPhone 5S, que conserva a
aparencia externa do iPhone 5, aÃnda que agora estará dispoñible en cor gris
espacial, ouro e prata, podendo tamén combinarse con fundas de pel de 6 cores
distintas. Os cambios do dispositivo serÃan pouco visibles, como no seu
procesador, que dá o salto aos 64 bits co seu procesador A7 e o seu co
procesador M7 (que aseguran que conseguirÃan un rendemento ata 40 veces máis
rápido que o primeiro iPhone); a súa cámara, que aÃnda que mantendo os 8 MpÃxeles,
ofrece un sensor máis grande, unha apertura maior (f/2,2) e unha maior
sensibilidade á luz, conseguindo, en definitiva, unhas fotografÃas de máis
calidade; a cámara tamén destaca por incorporar un Flash True Tone (composta por
un LED branco e outro ámbar, que se axustan para conseguir a mellor iluminación
posible segundo as circunstancias) e por estrear un modo de gravación a 720p de
120 fotogramas por segundo (o que resulta moi práctico para xerar secuencias a
cámara lenta); a cámara frontal tamén estrea vÃdeo a 720p; e , finalmente, o
botón de Home agocha un sensor biométrico que recoñece ao usuario pola súa pegada
dixital (prestación limitada inicialmente ao desbloqueo do terminal e á
autorización de pagamentos, permanecendo bloqueada para aplicacións de
terceiros).
O sensor biométrico do iPhone 5S explicado en vÃdeo
- A cámara do iPhone 5S mellora considerablemente sen entrar na guerra dos MpÃxeles
Ambos móbiles chegarán ao mercado o 20 de setembro, aÃnda que non para o
mercado Español, onde deberemos agardar unha semana máis para poder adquirir os
novos móbiles de Apple (data aÃnda non concretada por Apple, pero que pode deducirse de anos anteriores), que dá a impresión de que manterán a mesma estrutura de
prezos que os iPhone actuais, especialmente se atendemos aos prezos que xa
figuran na páxina de Apple en Francia, onde sitúan o iPhone 5C nun prezo de a
partir de 599 euros e o iPhone 5S a partir dos 699 euros. Aparte do prezo, na
Internet tamén hai moitas voces que apuntan como decepcións sobre os novos
produtos que Apple continúa sen adoptar a tecnoloxÃa NFC, que manteñen os
MpÃxeles da cámara nun rango superado por outros fabricantes, que non ofrecen
un smartphone cunha pantalla de maior tamaño (algo moi demandado por certo
público) e que non ofrecerán o rumoreado iPhone 5S cunha capacidade de 128 Gb
(mentres que xa hai fabricantes chineses ofrecendo móbiles con tal capacidade
interna, e incluso con opcións para ampliala).
Os interesados en ver a presentación de hoxe, que non puido seguirse en directo
a través da web, poden vela en diferido dende
a páxina web de Apple.
- AÃnda que o lector de pegadas dixitais é unha das principais novidades do iPhone 5S, inicialmente terá poucas utilidades prácticas
VÃdeo no que podemos ver as melloras da cámara do iPhone 5S