Apple publicará un SDK para crear aplicacións para o iPhone
xoves, 18 de outubro do 2007
Steve Jobs
anunciou nunha carta aberta que no mes de febreiro publicarán un kit de
desenvolvemento (SDK) de aplicacións para o iPhone e o iPod Touch, de xeito
que permitirÃan a creación de aplicacións nativas para estes dispositivos sen
ter que empregar técnicas furtivas que daban lugar a moitas aplicacións non oficiais e o que suporÃa un cambio
de polÃtica da compañÃa que ata o momento defendÃa a súa exclusiva en tal
materia e mesmo advertÃa que a instalación de aplicacións de terceiros
invalidaba a garantÃa dos seus produtos.
O novo SDK pretenderá traballar tamén na seguridade do iPhone, xa que temen que
a creación de aplicacións nativas para o seu móbil leve tamén á proliferación
de malware (virus, troianos...) dado
que estes novos trebellos están moi próximos a un ordenador, o que os converte
nun obxectivo moi atractivo para crackers
de todo o mundo.
