Apple reduce 100 euros os prezos dos MacBook Air
martes, 29 de abril do 2014
Nas últimas horas Apple renovou a configuración e os prezos
dos seus portátiles
Macbook Air, cunha mellora de prestacións e unha baixada de prezo que
agradecerán os futuros compradores. Estes novos equipos xa poden adquirirse vÃa
web, e dada a rapidez prevista para a súa entrega é de agardar que xa estean
dispoñibles en establecementos fÃsicos.
Agora temos que o MacBook Air máis económico ata a data, o modelo con pantalla
de 11 polgadas, procesador Intel Core i5 de dobre núcleo a 1,3 GHz, 4 Gb de RAM
e 128 Gb de almacenamento flash que valÃa 1.029 euros pasa a incrementar a súa
velocidade a 1,4 GHz e a reducir o seu prezo a 929 euros. Na mesma liña irÃan o
resto de equipos, que mellorarÃan o seu procesador e reducirÃan o seu prezo en
100 euros (polo que esta actualización é máis destacable cando máis económico
sexa o equipo).