Apple renova a súa oferta de ordenadores portátiles
martes, 15 de maio do 2007
Trala chegada ó
mercado dos novos
procesadores de Intel para ordenadores portátiles se vén rumoreando que
Apple renovarÃa os seus MacBook
coa tecnoloxÃa Santa Rosa, pero
finalmente non foi asÃ, e a compañÃa de Steve Jobs só renovou a súa oferta de
portátiles incrementando a súa velocidade e/ou reducindo o seu prezo, de xeito
que a partires de hoxe contan cun prezo máis competitivo.
Neste momento xa se poden adquirir portátiles MacBook con
pantalla de 13 polgadas a velocidades de entre 2 e 2,16 GHz (desbotando o
modelo de 1,83 GHz) a prezos de referencia de entre 999 e 1.399 euros, mentres
que os portátiles de alta gama, os MacBook
Pro, van dende o modelo de 2,16 GHz e unha pantalla de 15 polgadas ata o modelo a
2,33 GHz cunha pantalla de 17 polgadas a prezos de entre 1.939 e 2.719 euros.
Os novos portátiles integran a webcam iSight e poden conectarse sen fÃos a
redes 802.11n (máis rápidas e con máis cobertura que as 802.11g), e xa se poden
adquirir tanto nas tendas fÃsicas como na
Internet.