Apple renova os seus iPad máis básicos
martes, 14 de setembro do 2021
A
presentación dos novos iPhone chegou precedida pola posta ao dÃa dun par de
tabletas e dos reloxos de Apple, resultando especialmente satisfactoria a
renovación dos iPad básicos,
con pantalla de 10,2 polgadas, que reciben un procesador A13 Bionic, a función
de Encadre Centrado para a cámara ultra grande angular de 12 MpÃxeles, True
Tone e incluso dobran a súa capacidade de almacenamento, mantendo o prezo máis
económico da súa familia de produtos (que parte de 379 euros para o modelo con
64 GB de almacenamento e conectividade Wi-Fi, chegando até 689 euros con 256 GB
de capacidade e conectividade móbil 4G).
Este novo iPad mantén o seu deseño tradicional e chegará ao mercado o 24 de
setembro, mentres que o iPad mini
si experimentou cambios máis profundos, xa que recibiu un deseño que aposta
pola redución de marcos ao redor da súa pantalla de 8,3 polgadas, conta tamén
coa función de Encadre Centrado na súa cámara frontal de 12 MpÃxeles, incorpora
porto USB-C (o que, entre outras cousas, fai que poida funcionar co Apple
Pencil 2, que pode adherirse magneticamente a un lateral), integra Touch ID no botón
superior e dá un importante salto en conectividade, incorporando Wi-Fi 6 e 5G.
Temos aquà un dispositivo realmente avanzado, que non debe enganar polo seu
tamaño, xa que o formato compacto non quere dicir que sexa un produto menor,
senón que está adaptado para usos nos que a portabilidade é moi importante.
Podemos entender asà que sexa un dispositivo bastante máis caro que o iPad
básico, partindo dun prezo de 549 euros para o modelo con 64 GB de
almacenamento e conectividade Wi-Fi e chegando aos 889 euros con 256 GB de
almacenamento e 5G. Estará dispoñible a partir do vindeiro dÃa 24.
- O iPad básico mantén o seu deseño tradicional, pero actualÃzase para que a porta de entrada ás tabletas de Apple sexa o máis digna posible.
O novo iPad mini supón todo un salto en deseño, potencia e conectividade