Apple renova os seus reloxos conectados
martes, 12 de setembro do 2023
O evento de Apple
desta tarde abriu cos novos reloxos da compañÃa da mazá, comezando polo Apple Watch Series 9,
que incrementa as súas prestacións e capacidades grazas ao novo SiP S9, potencia
o xesto de dobre pulsación que pode facerse cos dedos da man que levan posto o
reloxo (o que resulta especialmente práctico cando se ten a outra man ocupada,
e que até o momento formaba parte das funcións de accesibilidade), a súa
pantalla conta cun brillo de até 2.000 nits, a localización do iPhone mellora
en precisión, mellora o seu control mediante Siri, pode empregarse para manexar
a reprodución musical nun HomePod e outras funcións que chegan mantendo unha autonomÃa
dunhas 18 horas de uso, que prometen ser dabondo para un dÃa normal.
Este novo reloxo pode reservarse xa, chegando ao mercado o vindeiro dÃa 22 a un
prezo que parte dos 449 euros para a súa versión de aluminio cunha caixa de 41
milÃmetros.
O reloxo resistente de Apple tamén se renova, e temos asà o Apple Watch Ultra 2, que
tamén incorpora o novo SiP S9 e o xesto de dobre toque, sendo probablemente o
máis reseñable deste novo modelo que chegará o dÃa 22 ás tendas a un prezo que
parte dos 899 euros, ou sexa, 100 euros menos que o seu modelo anterior, que
curiosamente está a ter unha acollida mellor da que poderÃa esperarse a un
prezo tan elevado.
O Apple Watch Ultra 2 ten agora unha pantalla cun brillo de 3.000 nits, estrea
unha esfera Modular Ultra (con datos en tempo real no borde da pantalla para
aproveitar a súa ampla superficie) e mantén a súa autonomÃa en 36 horas de uso
(e até 72 horas en modo de baixo consumo).
- O xesto de dobre toque gaña protagonismo nos novos reloxos de Apple
VÃdeo promocional do Apple Watch Series 9