Apple renovará os seus sistemas operativos mentres segue atrasada na IA
venres, 6 de xuño do 2025
O vindeiro luns botará a andar a conferencia anual de desenvolvedores de Apple (WWDC) cunha aposta centrada na renovación estética e funcional dos seus sistemas operativos, asà como en avances relevantes en intelixencia artificial. O evento incluirá novas versións de iOS, iPadOS, macOS, watchOS, tvOS e visionOS, que segundo os rumores pasarán a numerarse como 26 nun xiro cara a unha nomenclatura baseada no ano.
Tamén se comenta que a nova interface común, bautizada internamente como Solarium, estará inspirada en visionOS e aplicará un estilo baseado no vidro dixital, con énfase na luz, a transparencia e os menús despregables. Tamén se introducirÃan iconas redeseñadas e actualizacións en aplicacións principais como Teléfono, Safari e Cámara. O sistema de Vista Previa chegarÃa por primeira vez a iOS e iPadOS, e tamén se presentarÃa unha nova aplicación de xogos para centralizar Apple Arcade.
No ámbito da intelixencia artificial, Apple presentarÃa melloras modestas. A integración de tradución en tempo real en chamadas e mensaxes serÃa o punto máis visible para os usuarios, xunto cunha versión ampliada de Genmoji que permite combinar emojis existentes. Os desenvolvedores poderÃan acceder por vez primeira aos modelos lingüÃsticos da compañÃa, permitindo crear funcións propias con Apple Intelligence.
Outras novidades incluirÃan o soporte para mandos para Apple Vision Pro, melloras na multitarefa no iPad con teclado e trackpad, unha nova pluma dixital tipo calÃgrafo para Apple Pencil e sincronización de redes Wi-Fi entre dispositivos. A compañÃa tamén traballarÃa nun novo modo de aforro de baterÃa con IA, deseñado para o futuro iPhone 17.
AÃnda que se esperaban avances na renovación de Siri, a actualización continuarÃa adiada e sen novidades destacadas no evento. A futura versión da asistente, coñecida como LLM Siri, segue a varios anos vista. Tamén se postergarÃan outras funcións como a renovación do Calendario e unha ferramenta de Saúde con IA baixo o nome en clave Mulberry.
Malia os esforzos por actualizar as súas plataformas, Apple segue atrasada fronte a rivais como Google, Meta, Microsoft ou OpenAI no campo da IA, polo que todo anuncio ao respecto que se realice durante a WWDC será recibido con grande interese.
