Apple retira da venda os produtos con cargador Lightning

venres, 27 de decembro do 2024 Marcus Fernández

Hai un par de anos aprobouse a Directiva 2014/53/UE do Parlamento Europeo e do Consello que recolle os requisitos para os cargadores de dispositivos electrónicos para a súa harmonización, de xeito que se fixou unha data límite para a venda de smartphones que non carguen a través de USB-C: o 28 de decembro de 2024.
Como consecuencia, nas pasada horas Apple retirou da venda en España os iPhone 14, 14 Plus e SE, xa que estes smartphones aínda recibían carga a través de Lightning, deixando coxo o catálogo de produtos en Europa, xa que eliminan os smartphones máis económicos da compañía da mazá antes de que estean dispoñibles dispositivos sucesores (algo do que só é responsable Apple, pois tiveron bastantes anos para adaptar o sistema de carga).
Cómpre matizar tamén que a mesma directiva europea que impón o uso de USB-C para a carga dos smartphones e outros dispositivos semellantes, tamén se aplicará aos ordenadores portátiles, aínda que a data límite para tal adaptación aínda queda distante: 28 de abril de 2026.