Aprobada a Estratexia 2011-2015 do Plan Avanza2 do Goberno
luns, 19 de xullo do 2010
Tomando como
punto de partida o Plan Avanza, aprobado no 2005 para tentar recuperar o “retraso de España respecto da Unión Europea”
en materia de cobertura e conectividade, o Consello de Ministros vén de aprobar
a Estratexia 2011-2015, do Plan
Avanza2, que ten como principal obxectivo “situar
o noso país nunha posición priviliexiada no desenvolvemento e uso de produtos e
servizos TIC avanzados”.
Esta segunda
fase dalle continuidade ao Plan Avanza, ao incorporar as actuacións en execución
e ao actualizar os seus obxectivos iniciais para axeitalos aos novos retos da
Sociedade en Rede.
É dicir, se co
Plan Avanza se conseguiu, entre outras cousas, a aceptación xeralizada das TIC
e a cobertura global deste tipo de servizos, o obxectivo agora é seguir
avanzando cara unha “Sociedade do
Coñecemento”, comezando unha nova etapa con novas prioridades.
Xa que logo,
unha das principais contribucións do Plan Avanza2 vai ser axudar a que se
produza o cambio de modelo económico do noso país, consolidando un modelo de
crecemento económico sostible.
Para isto, a Estratexia 2011-2015 do Plan Avanza2
vai centrar os seus esforzos na consecuención de dez obxectivos ben definidos:<br
-Promover procesos innovadores TIC nas Administracións
Públicas.
-Extender as TIC na sanidade e o benestar social.
-Potenciar a aplicación das TIC ao sistema educativo
e formativo.
-Mellorar a capaciade e a extensión das redes de
telecomunicacións.
-Extender a cultura da seguridade entre a cidadanía
e as empresas.
-Incrementar o uso avanzado de servizos dixitais
pola cidadanía.
-Extender o uso de solucións TIC de negocio na
empresa.
-Desenvolver as capacidades tecnolóxicas do sector
TIC.
-Fortalecer o sector de contidos dixitais.
-Desenvolver as TIC verdes.
Obxectivos
todos eles que se acadarán, segundo informan dende o Executivo, mediante “catro grandes accións” que van dende o
desenvolvemento de edificios intelixentes para conseguir aforros na
Administración, ata a consecución dunha Administración “sen papeis” no 2015.
Asemade, esta
nova fase do Plan Avanza2 identifica un conxunto de reformas normativas,
necesarias, segundo informan, “tanto para
eliminar as barreiras existentes á expansión e uso das TIC como para garantir
os dereitos dos cidadáns na Sociedade da Información”.
No que se
refire ao modelo de execución para a posta en marcha destas medidas, mantense o
modelo de colaboración con todos os niveis da Administración Pública, en
especial coas Comunidades Autónomas e as entidades locais, así como coas
entidades sen ánimo de lucro e as empresas privadas, iniciado polo Plan Avanza.