Apróbase o decreto que autoriza levar o DNI no móbil
martes, 1 de abril do 2025
- Grande-Marlaska deu conta da aprobación do novo DNI dixital tras o Consello de Ministros
O Consello de Ministros aprobou esta mañá o novo DNI dixital, documento de carácter voluntario, que poderemos descargar a través dunha aplicación móbil para poder levalo no noso smartphone para acreditar a nosa identidade ante axentes ou funcionarios públicos, aÃnda que polo momento non será válido para viaxar nin acreditar a identidade no estranxeiro, e na súa primeira fase de implantación só será válido para uso presencial.
O DNI no móbil poderá empregarse para calquera proceso de rexistro público ou privado, como a apertura dunha conta bancaria, o aluguer dun vehÃculo ou o rexistro nun hotel, incorporando este documento virtual un código QR, na liña de como funciona actualmente o carné de conducir dentro da aplicación miDGT.
A través da aplicación MiDNI poderemos levar o noso documento nacional de identidade no móbil, coa mesma validez que o documento fÃsico a todos os efectos.
Como obter o DNI dixital
Para dispor do DNI dixital é necesario completar tres fases: un rexistro previo que vincula de maneira inequÃvoca a identidade do cidadán cun número de teléfono móbil que permite a descarga da aplicación MiDNI, a virtualización do DNI e a verificación do proceso.
Para realizar o rexistro é necesario que o DNI estea en vigor e cos seus certificados electrónicos activos. Poderá facerse vÃa web, en calquera dos Postos de Actualización de Documentación (PAD) existentes en comisarÃas de PolicÃa ou concellos, e en calquera das 290 Unidades de Documentación da PolicÃa Nacional.
En calquera destas vÃas de rexistro informaráselle ao cidadán da ruta de acceso á aplicación para a súa descarga. Durante o proceso de alta na aplicación, verifÃcase que o DNI está asociado a ese número de teléfono mediante códigos dun só uso que o usuario debe empregar para finalizar a vinculación correctamente. Unicamente se pode asociar un DNI a un número de teléfono móbil.
Tras o rexistro e a descarga da aplicación será posible virtualizar o DNI. MiDNI non garda os datos de identidade do cidadán, senón que a través dela consúltase en tempo real á unidade de xestión do DNI. No caso de que o documento estea extraviado, perdido ou fose subtraÃdo, a información non estará dispoñible.
Ao realizar a consulta, o titular do DNI poderá decidir que datos quere mostrar en función do uso que lle queira dar e do fin da verificación da identidade. Esta liberdade de mostrar os datos segundo a situación incrementa a privacidade do cidadán, xa que non é necesario amosar todos os datos en todas as situacións.
As tres opcións dispoñibles son:
– DNI IDADE, que amosará a fotografÃa, o nome e se a persoa é maior de idade
– DNI SIMPLE, que reflectirá a fotografÃa, o nome, apelidos, sexo e validez do DNI
– DNI COMPLETO, que amosa todos os datos do documento fÃsico.
Unha vez escollido o nivel de información desexado, a aplicación xera un código QR que se amosa na pantalla do teléfono do titular do DNI. É un código xerado pola PolicÃa Nacional, o que garante que os datos son auténticos nese mesmo momento. O código permanecerá visible durante un curto perÃodo de tempo para facilitar a verificación. Pasado ese tempo, perderá a súa validez e será necesario xerar un novo código.
O código QR xerado pode ser escaneado por calquera outro dispositivo no que estea instalada a aplicación MiDNI. Ao escanealo, aparecerán na pantalla do usuario verificador os datos do cidadán en función da opción elixida. Estes datos permanecerán visibles na pantalla durante un curto perÃodo de tempo para permitir a verificación e non quedarán almacenados no teléfono do verificador.