Apuntan a que o negocio das cancións en streaming segue a deixar fóra aos creadores
xoves, 14 de febreiro do 2013
Para todos aqueles seareiros da música que teñen
coidado de procurar as canles de acceso ás cancións menos lesivas
para os creadores, dicirlles que probablemente a tecnoloxÃa do
streaming, tan estendida grazas a servizos como Spotify
(antes de balde) e Grooveshark
(moi de balde), non sexa o remedio que os artistas que apostan
polas licenzas de autor e as canles de difusión máis tradicionais
estaban a agardar. A culpa, ollo, non a teñen os oÃntes, que
confÃan, os máis deles, en que os responsables dos ditos servizos
lles farán chegar aos creadores o que por lóxica e dereito lles
corresponde. A culpa, polo visto, está nas empresas creadoras de
servizos como os devanditos (en maior ou menor medida) ou como
Pandora e
YouTube, que
teñen o seu. O caso é que os millóns de dólares que xeran, algúns
servizos evidentemente máis ca outros, teñen unha particular e
estraña tendencia a ficar na casa, lonxe dos artistas.
Un caso paradigmático disto, tal e como aparece
detallado nun
estudo pormenorizado do fenómeno feito por El PaÃs, é o da
creadora independente Zoe Keating, de Estados Unidos, quen publicou
no seu espazo persoal de Tumblr os beneficios por explotación de
dereitos de autor que recibe a través de canles en liña coma as
devanditas. Pois ben, para facérmonos unha idea, logo de 1,5 millóns
de reproducións dos seus temas en Pandora, chegáronlle ás súas
mans 1.652 dólares, e as 131.000 reproducións en Spotify deron como
resultado menos de 600 dólares (0,42 centavos cada xornada). Isto a
que se debe? Pois a varios motivos, case todos eles apuntando a un
culpable ben definido: a empresa responsable da plataforma de
streaming, que paga fraccións
de centavo ás discográficas en canto soa unha canción, unha
porcentaxe do cal vai aos creadores da mesma. Con todo, as
discográficas tampouco están ceibes de culpa, xa que é moi
probable que haxa algunhas que, coma sempre, fiquen con máis do que
deben. A conclusión que podemos sacar é que unha vez máis cómpre
desbotar o negocio do streaming
como unha solución á transformación do negocio da música logo da
aparición de Internet, que estendeu a copia sen licenza como algo
natural e levou á quebra a milleiros de tendas de discos, mentres os
responsables das grandes discográficas, que ben puideron buscar
alternativas (abaratar eses CD e eses vinilos que venden a 20 euros e
quédanse tan tranquilas), seguÃan cos brazos cruzados á espera de
que alguén lles fixera o traballo (Spotify ou Pandora, por exemplo).
Polo tanto, confÃrmase que pouco do que se está a facer na Rede
serve para os beneficios dos artistas sexan asumibles e xustos,
obrigándolles a seguir procurando o sustento en algo que poucas
veces falla: a música en directo.
