Araceli Goiriz protagoniza a sesión de decembro do ciclo de Gradiant Tecnológas do Século XX

xoves, 12 de decembro do 2024 S. P.

O Centro Tecnolóxico Gradiant de Vigo celebra a vindeira semana, o mércores 18 de decembro, unha nova sesión do ciclo Tecnólogas do Século XX by Gradiant. Desta volta a cita é coa experta en tecnoloxías de ciberseguridade Araceli Goiriz Seoane. A cita será en Hi Coruña (Human Intelligence Hub) en horario de tarde (de 17.30 a 18.30 horas) e as inscricións poden facerse online. Ao mesmo tempo, Gradiant lembra que podemos escoitar xa en Spotify a sesión do ciclo do pasado mes de novembro, protagonizada pola tamén tecnóloga Aurora Paz.
O ciclo de Gradiant ten a súa orixe hai catro anos, cando o centro tecnolóxico vigués propúxose compartir unha serie de entradas divulgativas chamada Tecnólogas do século XXI, ao abeiro do compromiso do centro por “mostrar e difundir o labor das mulleres referentes no ámbito da tecnoloxía”.
Araceli Goiriz Seoane é enxeñeira en Informática de Vilalba especializada en ciberseguridade. En Gradiant traballa na área de Seguridade e Privacidade, no proxecto Facendo que promove a competitividade do sector automobilístico en Galicia.