Archos 9, un novo tipo de Tablet PC

venres, 12 de xuño do 2009 Marcus Fernández

A xente de Archos conseguiu colocar no mercado uns impresionantes reprodutores multimedia con grandes pantallas táctiles que incluso contaban coa posibilidade de utilizar o navegador Opera para acceder á web, e avanzando nesta mesma dirección presentaron o Archos 9, que xa non será un reprodutor multimedia portátil, senón que chegará coma un auténtico mini-ordenador con pantalla táctil resistiva e correrá con Windows 7.
Este interesante equipo funcionará cun procesador Intel Atom Z515, un disco duro de 80 Gb, unha pantalla táctil de 9 polgadas, unha especie de rato óptico situado nun lateral, sintonizadora de TDT, saída VGA, 2 portos USB, Ethernet, Bluetooth 2.1, banda larga móbil e Wi-Fi sen superar un grosor de 1,6 centímetros e cun peso de 800 gramos.
Este equipo podería ser toda unha ameaza para os ordenadores ultraportátiles, especialmente ao ver o ben que funciona o seu teclado virtual en pantalla, o que o faría ideal coma un ordenador de viaxe ou pensado na reprodución multimedia, aínda que o seu prezo podería ser algo elevando, xa que estiman que se venderá por entre 450 e 500 euros.


Demostración do funcionamento do Archos 9

PUBLICIDADE