Archos leva Android a un receptor de radio e un teléfono DECT
venres, 24 de xuño do 2011
O sistema
operativo Android non serve só para facer funcionar teléfonos móbiles e
tablets, senón que tamén pode aproveitarse noutros dispositivos como os Archos
35 Home Connect e o Archos 35 Smart Home, unha radio e un teléfono sen fÃos
respectivamente.
O receptor de radio Archos
35 Home Connect non é unha radio FM tradicional, senón que funciona con
Android 2.2, ten 4 Gb de memoria interna ampliable mediante tarxetas microSD de
ata 16 Gb, Wi-Fi N, pantalla táctil de 3,5 polgadas e 2 altofalantes
integrados, podendo reproducir vÃdeo e música nos formatos máis habituais, aÃnda que as súas
principais funcións serÃan as aplicacións de reloxo con alarma, predición
meteorolóxica, correo electrónico, navegador web e, especialmente TuneIn, unha
aplicación de radio vÃa web, que permite recibir milleiros de emisoras de todo
o mundo. Tamén conta cunha cámara frontal que facilita oseu uso para videochamadas ou para operar como sistema de vixilancia de
bebés.
Pola súa banda, o Archos
35 Smart Home Phone serÃa a translación dos móbiles con Android á telefonÃa
fixa, pois estamos ante un teléfono con pantalla táctil de 3,5 polgadas, acceso
á Internet, cámara de alta definición capaz de gravar vÃdeo a 720p ou realizar
videoconferencias en alta definición, facer uso de aplicacións para Android
como xogos e utilidades e realizar chamadas de voz, en vez de a través dunha rede GSM/3G, utilizando a nosa
liña fixa comunicándose sen fÃos a unha base DECT.