Arduboy, a consola aberta do tamaño dunha tarxeta de crédito
luns, 11 de maio do 2015
As placas Arduino teñen facilitado numerosas creacións nos
últimos meses, e agora está a causar furor en Kickstarter un proxecto que quere
aproveitar este produto de hardware aberto para crear unha consola
de videoxogos portátil moi básica, con tamaño dunha tarxetas de crédito, a
Arduboy, que correrÃa simples xogos de 8 bits e que poderÃa mercarse por 39
dólares (34,96 euros) chegando as primeiras unidades aos seus mecenas no mes de
outubro.
Esta curiosa proposta ten un deseño inspirado na Game Boy, integrando nun
pequeno tamaño unha pantalla OLED de alto brillo cunha resolución de 128 x 84
pÃxeles, 6 botóns brandos táctiles (con forma de cruceta e botóns de disparo),
altofalante de dúas canles, construción resistente en metal e policarbonato, e
baterÃa recargable de 180 mAh cunha autonomÃa de até máis de 8 horas.
Pero esta peza de hardware non terÃa ningún uso se non tivese software, e os
responsables da Arduboy tamén prepararon Arduboy Arcade, unha plataforma na que
calquera editor pode publicar xogos de balde e con código aberto (que poderán
ser editados) para esta nova consola portátil entre os que haberá numerosos
tÃtulos retro que homenaxean a
clásicos como Space Invaders, Asteroids, Arkanoid e incluso Pokémon.
Temos asà unha nova plataforma aberta que pode aproveitarse para introducir á
mocidade no desenvolvemento de videoxogos, para o que publicarán ofrecen lotes
de Arduboy a prezo reducido e prepararán un curso en liña gratuÃto para
aprender a crear aplicacións en C++ para a Arduboy.
VÃdeo promocional da campaña de Arduboy en Kickstarter