Ariana Grande celebra unha xira de concertos en Fortnite

luns, 2 de agosto do 2021 Marcus Fernández

Hai tempo que Fortnite deixou de ser só un videoxogo e converteuse en todo un fenómeno de masas que serve para a organización de eventos como o Rift Tour, unha xira musical de Ariana Grande que celebrarase entre o 7 e o 9 de agosto, datas nas que terán lugar 5 pases diferentes para poder ver un espectáculo que combinará cancións populares da artista con momentos específicos baseados nos elementos do xogo.
Dende Epic Games recomendan que os usuarios que desexen participar nesta xira musical entren a Fortnite 60 minutos antes da hora do evento, para evitar problemas de identificacións antes de pórse na ringleira para entrar nos eventos, que abriranse 30 minutos antes do comezo.
Na web do xogo podemos atopar máis información sobre o Rift Tour, así como de misións especiais e recompensas que poden conseguirse co gallo desta celebración que busca manter o interese en Fortnite, así como facer unha demostración de forza do que aínda podemos ver como un fenómeno que entre os seus méritos ten a súa dispoñibilidade multiplataforma.

JPEG - 378.3 KB
A xira desta fin de semana terá 5 pases

PUBLICIDADE