Arousa Norte crea, instala e pon en marcha unha plataforma en liña de xestión unificada de oficinas de turismo
xoves, 28 de decembro do 2017
A
nova aplicación achegada
pola entidade Arousa
Norte
(Mancomunidade de Municipios integrada polos Concellos de Ribeira,
Pobra do Caramiñal, Boiro e Rianxo)
é unha aplicación
móbil
e unha plataforma OfiTur Online
que
permite unificar a xestión de múltiples oficinas de turismo,
automatizando o envÃo de información estatÃstica e informes sobre
visitantes, procedencias, duración, actividades, etc. A
app
en cuestión está dispoñÃbel xa para móbiles con
sistemas Android.
Conta
con dous módulos principais: Enquisas
de visitantes
e Informes.
Dende
o punto de vista tecnolóxico,
trátase dunha plataforma web en
liña,
accesÃbel
a través de calquera navegador de Internet, o que segundo
os seus creadores
facilita a súa instalación e implantación, mantemento e despregue
a múltiples oficinas de turismo, e unha app
de enquisas para dispositivos móbiles Android.
A
ferramenta
de xestión de Oficinas de Turismo ofrece a posibilidade de cubrir
enquisas de recollida de datos de aquelas persoas que se achegan a
oficina na
procura
de información e, por outra banda, proporciona o resultado da
análise dos datos introducidos en forma de táboas e gráficas.
Respecto
dos
elementos (tanto
de hardware como de software) precisos
para a implantación da plataforma en sete oficinas de turismo e un
centro de xestión unificado, son
os que detallamos a continuación.
En
materia de acceso á app,
este
faise mediante un navegador a través dunha URL onde está aloxada a
aplicación. A plataforma estará acubillada
nun aloxamento
en liña
proporcionado pola
empresa
AVA. O acceso a aplicación está restrinxido aos
usuarios rexistrados que accederán introducindo o seu nome de
usuario e o correspondente contrasinal.
A
pantalla de inicio pode personalizarse con fin de integrar a imaxe
corporativa e os logotipos correspondentes segundo o caso. Esta
pantalla contén os accesos directos as funcionalidades máis
utilizadas.
Estas
funcionalidades inclúen, na parte superior dereita da pantalla, o
nome de usuario (que está sempre á vista e que nos permite saber
quen está empregando a aplicación), o cambio de contrasinal e o
remate da sesión (posibilidade de finalizarmos o traballo que
estamos a desenvolver en liña, ceibando as conexións e deixando
libre o equipo para ser empregado por outro usuario). Polo que
respecta á parte central da pantalla (a xeito de botóns para
premer), están habilitadas as seccións de Enquisas
(que nos leva á parte de xestión dos cuestionarios que comprende a
listaxe de enquisas de recollida de datos), de Informe
diario
(sección na que podemos ver, imprimir ou exportar a un documento
Excel un informe de resultados da análise da información recollida
nos cuestionarios entre dúas datas a escoller) e de
Informes
(este apartado permite consultar, imprimir e exportar os resultados
das enquisas, podendo ser filtrados os datos obtidos de xeito sinxelo
e combinado; os datos resultantes preséntanse en táboas e
gráficas).
Polo
que respecta á aplicación de enquisas, dende a pantalla principal
da app accedemos
ao
cuestionario para
que poder recoller os datos das visitas dos turistas. Para esta
ferramenta móbil son
precisas
tabletas
móbiles de 9,7 polgadas
ou 10 polgadas
co sistema operativo Android. O centro de
xestión de datos unificado de OfiTur Online require de calquera
equipo informático PC, portátil, tableta
ou móbil con conexión a Internet. Incorpórase
ademais
o aloxamento web preciso
para o correcto funcionamento da aplicación e almacenamento dos
datos das enquisas nunha base de datos online.