Último engadido : 1 de outubro do 2007.

O IES Plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago de Compostela, coa colaboración da Xunta a través da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e co apoio de empresas e entidades como FINSA, Ternera Gallega ou Feiraco, vén de celebrar o acto entrega do VIII Premio Stephen Hawking, galardón ao que aspiraban 58 proxectos procedentes de 13 institutos de galegos e catro de fóra de Galicia (Soria, Tudela, Madrid e Barcelona).

O festival de contidos dixitais Carballo Interplay viviu este venres 17 de abril un dos seus puntos álxidos cun programa que volveu amosar a diversidade de formatos, voces e liñas temáticas que atravesan a súa 13ª edición. O gran reclamo do día foi Rajando con… Bimboficadas, co que Samantha Hudson e María Barrier, que visitaron Galicia por primeira vez e encheron o Mercado de Carballo nunha das citas que máis expectación espertaran desde o anuncio da programación, as entradas -para unhas 300 localidades- esgotáronse en poucos minutos.

A franquía Metro prepara o seu regreso con Metro 2039, a cuarta entrega principal da coñecida serie de acción en primeira persoa, que apostará por un ton máis sombrío e político ca nunca. O proxecto, desenvolvido por 4A Games en colaboración co escritor Dmitry Glukhovsky, foi presentado como unha evolución natural da saga, tanto no plano narrativo como técnico.

O equipo Los amigos no mienten do IES Fin do Camiño de Fisterra e o equipo Todo sin querer do Colexio Tirso de Molina de Ferrol conseguiron o premio Todo Terreo nas categorías Promesas (1º e 2º de ESO) e Elite (2º e 3º de ESO) na V Olimpíada Robótica da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) que tivo lugar, este venres 17 de abril, entre as 09:30 e as 14:00 horas, no Pavillón Municipal de Esteiro e no Salón de Actos Concepción Arenal do Campus Industrial de Ferrol.

A Deputación da Coruña organiza o vindeiro 23 de abril unha xornada centrada nas novas violencias machistas dixitais, no marco da súa campaña De Fronte, unha iniciativa da institución provincial orientada á prevención e á loita contra a violencia de xénero. A actividade terá lugar no Museo de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT) en horario de 9:30 a 19 horas e as persoas interesadas pódense inscribir de balde na web defronte.gal.

A Deputación da Coruña vén de publicar as bases da oitava edición dos Premios PEL, destinados a recoñecer a innovación, a excelencia e o talento do tecido empresarial da provincia. En concreto, o certame busca “poñer en valor o traballo de persoas autónomas, emprendedoras e empresas que contribúen ao desenvolvemento económico, á creación de emprego e á dinamización do territorio”.

Os cineastas Jorge Coira, Jaione Camborda e Anxos Fazáns, representantes de tres xeracións do audiovisual galego, protagonizaron unha das conversas centrais das II Xornadas Cine e educación: olladas para compartir, celebradas no Consello da Cultura Galega (CCG), na que puxeron o foco na formación, o acceso ao cinema e a necesidade de construír unha mirada crítica desde as aulas.

The Walt Disney Studios anunciou no CinemaCon o lanzamento de Infinity Vision, unha nova certificación destinada a identificar as salas de cinema de gran formato premium (PLF) que ofrecen as mellores condicións técnicas de exhibición. A iniciativa, desenvolvida en colaboración con socios de exhibición a nivel global, pretende facilitar ao público a identificación das pantallas máis avanzadas e inmersivas.

SNK e PLAION anunciaron o lanzamento da Neo Geo AES+, unha revisión moderna da histórica consola doméstica dos anos noventa que chegará ao mercado o 12 de novembro de 2026. O dispositivo pretende reproducir con fidelidade o hardware orixinal, incorporando ao mesmo tempo melloras adaptadas aos estándares actuais.
A Xunta de Galicia vén de completar a integración da Carpeta Xustiza de Galicia coa plataforma estatal Carpeta Justicia, o que amplía as opcións de acceso á información xudicial tanto para profesionais do ámbito xudicial como para a cidadanía. Esta conexión reforza a interoperabilidade entre administracións con competencias en xustiza e permite consultar datos desde un punto único de acceso a nivel estatal, especialmente útil para persoas con procedementos en distintos territorios.

A Coruña foi unha das 5 cidades europeas (con Valencia, Zaragoza, Badaxoz e Xénova) elixidas para formaren parte do proxecto piloto de mobilidade inclusiva Spot4Dis, que conta co financiamento de Google e busca facilitar o acceso e localización das prazas reservadas para persoas con mobilidade reducida a través de tecnoloxías de última xeración como o Street View, a IA ou o mapeamento satelital.

Un estudo do Centre for European Policy Studies (CEPS) pon o foco no crecente uso de medidas de bloqueo de páxinas web en Europa para combater a pirataría dixital, cunha análise que resulta especialmente relevante no caso de España. O informe conclúe que os bloqueos, aínda que cada vez máis frecuentes, presentan unha eficacia limitada e implican riscos significativos tanto para o ecosistema dixital como para os dereitos dos usuarios.

A Escola Técnica Superior de Enxeñaría celebrou este xoves 16 a festividade do centro, Leonardo Da Vinci, que inaugurou a vicerreitora de Investigación e Ciencia Aberta, Almudena Hospido, nun acto no que a directora da Escola, Julia González Álvarez, salientou a “moi significativa” etapa de crecemento que o centro está a vivir. Hoxe a ETSE, que reúne máis dun milleiro de estudantes, imparte once titulacións oficiais, tres graos e oito mestrados, destacaron.

O grupo Kering, propietario de Gucci, ten previsto entrar no mercado das lentes con tecnoloxía de intelixencia artificial mediante unha alianza con Google, segundo avanzou o seu conselleiro delegado, Luca de Meo. O lanzamento deste produto podería producirse en 2027, o que situaría a compañía como unha das primeiras grandes marcas de luxo en apostar por este segmento emerxente.

O Concello de Boiro foi quen de mellorar a resposta á solución de incidencias mediante a súa plataforma de xestión Liña Verde. A posta en marcha deste servizo centralizado de atención ás incidencias permite dar solución de xeito inmediato a máis do 75% das incidencias rexistradas, segundo confirmaron fontes municipais.

O Clúster TIC Galicia, en colaboración con DATAlife, organiza un webinario sobre o impacto para o sector tecnolóxico galego da Lei de Mercados Dixitais (DMA) e a Lei de Servizos Dixitais (DSA). Celebrarase o vindeiro mércores 29 de abril ás 16.00 horas. As inscricións están abertas.

Reed Hastings, cofundador de Netflix, non optará á reelección como membro do consello de administración d compañía cando remate o seu actual mandato, que expira na xunta anual prevista para o mes de xuño. A decisión responde á súa intención de dedicar máis tempo á filantropía e a outros proxectos persoais, segundo recolle a compañía na súa última comunicación aos accionistas.

Madrid volveu acoller o YouTube Festival, unha cita que reuniu por segundo ano consecutivo marcas, axencias e creadores arredor dun mesmo obxectivo: analizar o presente e o futuro dunha plataforma que transcendeu o seu papel orixinal para converterse nun dos principais motores da cultura popular e do entretemento.

Capcom anunciou o lanzamento global de Pragmata, a súa nova aposta dentro do xénero de acción e aventura con ambientación de ciencia ficción, que xa está dispoñible para PlayStation 5, Xbox Series X|S, Nintendo Switch 2 e PC a través de Steam, culminando un longo proceso de desenvolvemento marcado pola expectación da comunidade.

O Centro Xove de Creación Cultural da Almáciga (Compostela) acollerá o martes 21 de abril (18:00-20:00) o obradoiro Softawe libre no teu peto, unha proposta práctica e amena para coñecer e probar aplicacións e servizos dixitais moito máis respectuosos cos dereitos e a saúde das persoas, co medio ambiente e coa economía local. A actividade formativa vén da man da Escola de Activismos.
· Bimboficadas enche o Carballo Interplay na súa primeira visita a Galicia
· Metro 2039 continuará a saga postapocalíptica de Dmitry Glukhovsky
· Un equipo de Fisterra e outro de Ferrol gañan a V Olimpíada Robótica
· A Deputación da Coruña organiza unha xornada sobre as novas violencias machistas dixitais
· Especialistas poñen de manifesto no CCG a importancia da alfabetización audiovisual
· Infinity Vision, un novo selo para salas cinematográficas de grande formato
· Unha revisión da Neo Geo AES permitirá xogar con cartuchos orixinais
· Galicia integra a súa Carpeta Xustiza coa plataforma estatal
· O CPES considera desproporcionados e ineficaces os polémicos bloqueos de LaLiga
· A ETSE da USC celebrou a súa festividade reivindicando os seus logros recentes
· Gucci prepara a súa entrada no mercado das lentes con IA
· En Boiro, a plataforma Liña Verde permite solucionar de forma áxil mais do 75% das incidencias
· O Cluster TIC achega un seminario en liña sobre o impacto no sector dos novos regulamentos
· Reed Hastings deixará o consello de administración de Netflix
· YouTube amosa músculo nun evento en Madrid
· Novo número da nosa edición impresa
· Arrinca o Carballo Interplay cunha xornada de impulso á creación dixital en galego
· DJI renova a súa popular cámara de peto
· Melide acolle o congreso esLibre 2026 sobre tecnoloxía libre
· Facebook comeza a despregar suxestións de contido a partir do carrete
· Os visores Meta Quest suben de prezo
· A Deputación e o CITIC achegan a IA xenerativa ao alumnado do IES Xulián Magariños de Negreira
· O espazo OneHealth DataSpace do CESGA é xa un referente no intercambio de datos para a saúde global
· Xunta e UVigo inauguran a maior estación de España para comunicacións espaciais cuánticas
· Máis de 140 estudantes de toda Galicia participan este venres na V Olimpíada Robótica