Arrancan as actividades do nodo CIBER.gal destinadas á mellorar a ciberseguridade do tecido empresarial galego
venres, 22 de abril do 2022
O
Nodo Galego de Ciberseguridade pon en marcha o ciclo de actividades de
formación, concienciación e orientación para o tecido empresarial galego.
En total, están previstas unha vintena de actividades que se desenvolverán ao
longo deste primeiro semestre do ano, cunha periodicidade aproximada dunha á
semana.
O ciclo comeza o vindeiro mércores 27 de abril cunha sesión
formativa organizada grazas á participación de Altia e a colaboración da Fegamp.
Esta actividade componse dunha sesión inicial cun enfoque informativo onde se
exporá a actualidade respecto da normativa de protección de datos, e terá
continuidade nunha segunda sesión de carácter práctico e dinámico, programada
para o 3 de maio. Estas xornadas son totalmente gratuÃtas para os asistentes, e
están dirixidas a responsables de tratamento de datos de pemes e micropemes e a
profesionais interesados en coñecer as obrigas en torno á protección de datos.
Esta primeira actividade está enfocada para que os
asistentes poidan coñecer e entender as principais obrigacións legais que impón
a normativa de protección de datos e ofrecerlles pautas sinxelas que lles
faciliten o cumprimento normativo. Ademais, terán a oportunidade de analizar casos reais, evitar condutas
ilÃcitas e recibir consellos prácticos a aplicar no exercicio diario das súas
funcións profesionais, que permitan manter a privacidade dos datos aos que se
ten acceso.
A inscrición para este encontro é de balde e pode realizarse
a través da web de CIBER.gal.
