Arrancan as primeiras accións formativas de SmartPeme (Deputación de Pontevedra) neste 2024
luns, 15 de xaneiro do 2024
A
Deputación de Pontevedra informou de que esta semana arrincan as
primeiras accións formativas de 2024 do seu programa SmartPEME
para o asesoramento tecnolóxico para pemes e persoas autónomas. A
actividade do programa comeza con catro novos cursos. Os
obradoiros desenvolveranse de xeito telemático e abordarán temas
relacionados coa ciberseguridade, mercadotecnia de audio, a creación
dun blog turÃstico e mercadotecnia de crecemento.
A
primeira das xornadas comeza este luns 15 de xaneiro, ás 10:00
horas, con Ciberseguridade, o que non se Ve da Navegación na
Internet, impartido polo experto universitario en robótica,
programación e impresión 3D Manuel Freire, quen dará a coñecer os
riscos aos que se expón a cidadanÃa cando navega por Internet.
O
martes 16, de 17:00 a 18:00 horas, celebrarase o obradoiro Audio
Marketing: Crea e Diferénciate da Competencia cos Podcast,
impartido por Laura Carrera, asesora de mercadotecnia dixital e
comunicación. O obradoiro está orientado ao proceso de elaboración
dun podcast e abordará aspectos coma os beneficios de
empregalo e a preparación dos seus contidos.
Pola
súa banda, o mércores 17, ás 10:00 horas, dará comezo o obradoiro
Como Crear o teu Blog TurÃstico, impartido pola profesional
en turismo Patricia Cabaleiro. A través desta acción formativa
proporcionaranse as claves para crear un blog turÃstico desde cero,
impulsar o negocio e achegarse a clientela potencial.
Finalmente,
o xoves 18, de 12:00 a 13:00 horas, desenvolverase o obradoiro Growth
Marketing: Estratexias para un Crecemento SostÃbel do
teu Negocio, dirixido polo asesor en comunicación dixital e
mercadotecnia en liña Adrián Fernández. No obradoiro, as e os
asistentes aprenderán a empregar técnicas e estratexias do
marketing dixital orientadas a acadar un crecemento
sostido no tempo dunha empresa ou dun proxecto, sempre con base no
estudo de datos e na metodoloxÃa de ensaio e erro.