Arrancan as xornadas de sensibilización do programa Talentos Inclusivos do CITIC
venres, 27 de decembro do 2024
Talentos Inclusivos segue avanzando no calendario de actividades previstas para esta quinta edición. Tras o acto de apertura celebrado o pasado mes de novembro, ao que asistiron representantes dos 15 centros educativos participantes, deron comezo as xornadas de sensibilización. Nestes encontros, persoas usuarias de entidades do terceiro sector desprázanse aos diferentes institutos para conversar co alumnado sobre a parálise cerebral e outros temas relacionados coa inclusión.
O IES Rego de Trabe, en Culleredo, acolleu a primeira xornada o pasado 15 de decembro. 59 estudantes de 4º da ESO e de 1º de bacharelato participaron na sesión, que foi liderada por usuarios e usuarias de ASPACE Coruña. Divididos en pequenos grupos, o alumnado puido trasladar as súas inquedanzas ás persoas usuarias do centro. Aclararon conceptos como a alimentación texturizada, un proxecto impulsado por ASPACE Coruña, ou a disfaxia, que é a dificultade para tragar alimentos e lÃquidos. Ademais, discutiron as barreiras arquitectónicas e sociais que enfrontan as persoas con parálise cerebral na súa vida diaria.
O último encontro do ano realizouse no Colexio de Fomento Montespiño, da Coruña, que contou coa participación de 37 alumnas de 3º da ESO. As estudantes mostraron gran interese e empatÃa, participando activamente nas discusións e actividades propostas.
A través destas xornadas de sensibilización, preténdese crear un espazo de aprendizaxe e reflexión, onde os mozos poidan coñecer de primeira man as realidades e desafÃos que enfrontan as persoas con parálise cerebral.
Ademais, os centros educativos xa seleccionaron os retos que levarán a cabo nesta nova edición, dun total de 36 propostas. Estas iniciativas están relacionadas con sistemas aumentativos e alternativos de comunicación, fogar intelixente, produtos de apoio e impresión 3D, rehabilitación, acceso ao ordenador e outros dispositivos, e lecer. Os proxectos seleccionados buscan non só sensibilizar ao alumnado, senón tamén fomentar a creatividade e a innovación na busca de solucións tecnolóxicas que melloren a calidade de vida das persoas con discapacidade.
Talentos Inclusivos é un proxecto impulsado polo CITIC (Centro de Investigación en TecnoloxÃas da Información e as Comunicacións) da UDC (Universidade da Coruña) que se desenvolve ao longo do curso escolar, e que conta co apoio da FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a TecnoloxÃa), o Consello Social da UDC e a Xunta de Galicia a través da ConsellerÃa de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a ConsellerÃa de PolÃtica Social e Igualdade.
O seu obxectivo é espertar vocacións STEM (Science, Technology, Engineering and Mathematics) entre o alumando e dar a coñecer a realidade da discapacidade a través de equipos colaborativos de traballo para resolver retos tecnolóxicos expostos por persoas con parálise cerebral.
A través deste proxecto, alumnos e alumnas de secundaria, bacharelato e Formación Profesional de diversos institutos de Galicia teñen que buscar solucións tecnolóxicas a unha serie de retos propostos por usuarios das entidades ASPACE Coruña, Amencer-ASPACE, APAMP e Cruz Vermella A Coruña.