Arrinca na sede de Compostela Monumental un curso de trámites en liña
martes, 27 de febreiro do 2024
A asociación de empresas Compostela Monumental, co apoio da Xunta de Galicia, puxo en marcha estes días, na aula de formación do número 21 da rúa Algalia de Arriba, unha actividade formativa destinada a mellorar con tecnoloxías da información o currículo das persoas desempregadas de Santiago e a súa contorna. Trátase do Curso de Trámites en Liña.
O obxectivo que se persegue é “analizar os servizos en liña que ofrecen as distintas administracións” e “as medidas de seguridade que se deben tomar cando se realizan os trámites a través de Internet”.
Esta acción presencial conta cunha duración de 7 horas e durará ata este xoves 28 de marzo.
Encádrase no Programa Integrado de Emprego de Compostela Monumental, que finalizará en novembro de 2024 cun obxectivo mínimo de inserción do 45% e conta coa colaboración da Dirección Xeral de Formación para ou Emprego e Orientación da Xunta de Galicia.