Artigos desta sección
Marvel vs Capcom 2 chega á Xbox 360
Tras varios meses de espera chega ao Bazar de Xbox LIVE a revisión do clásico xogo de recreativas Marvel vs Capcom 2, que adapta os gráficos do xogo orixinal á alta definición mediante o uso de certos filtros (en vez de partir de deseños redebuxados coma fan outros produtos semellantes coma o impresionante Super Street Fighter II Turbo HD ReMix) e achega un (...)
Ler máisDesenvolven un sintonizador de televisión para ultraportátiles
Hauppauge Digital e MaxLinear colaboran no desenvolvemento de solucións para a recepción do sinal televisivo en equipos portátiles de pequeno tamaño, o que concretouse no desenvolvemento da minitarxeta MxL5007T, que permite integrar distintos tipos de sintonización de televisión (incluíndo a TDT e o estándar DVB-H) en ultraportátiles deseñados para acoller este (...)
Ler máisO Zii EGG preséntase como a alternativa ao iPod Touch baseada en Android
O novo reprodutor multimedia portátil de Creative está a sorprender, non por contar con innovacións importantes, senón porque o Zii EGG, claro competidor do iPod Touch de Appple, funciona co sistema operativo Android. O Zii EGG funciona cunha pantalla multitáctil (de ata 10 puntos de contacto) de 3,5 polgadas cunha resolución de 320 x 480 píxeles, con saída (...)
Ler máisUn videoxogo amosará Compostela e o Camiño no século XII
A partir do vindeiro ano poderá haber peregrinos cibernéticos, xa que un videoxogo recreará nun universo virtual o Camiño e a cidade de Santiago de Compostela do século XII. O lanzamento da primeira fase do proxecto, que contará cun orzamento de 3,5 millóns de euros, coincidirá coa celebración do Xacobeo 2010, e estará operativo en xullo do ano que vén. Un (...)
Ler máisResident Evil 4 chega ao iPhone
O Resident Evil 5 foi recibido nalgúns países con certa polémica polo seu suposto racismo (por aparecer infectados de distintas etnias africanas, o que estaba xustificado precisamente porque a acción transcorre en África) pero a xente parecía ter esquecido que o Resident Evil 4 estaba ambientado en España, país que representaban coma unha comunidade rural pouco (...)
Ler máisSamsung lanza o seu primeiro lector de e-books
Aínda que o mercado conta cunha ampla oferta de dispositivos lectores de libros electrónicos, a meirande parte veñen de fabricantes relativamente descoñecidos (agás Sony), polo que resulta bastante interesante a entrada de Samsung neste sector tan competitivo co seu SNE-50K, que conta cunha pantalla táctil de 5 polgadas, ten un grosor de só 9 milímetros, pesa (...)
Ler máisHP presenta os seus disco duros externos para copias de seguridade
Pensando en facer máis doada a vida aos usuarios de equipos informáticos, dende HP lanzan a solución SimpleSave Portable, que é unha familia de discos duros externos desenvolvidos en colaboración con Western Digital, que toman a alimentación directamente do porto USB do ordenador, e que funcionan en combinación cunha aplicación informática para Windows que fai (...)
Ler máisAsus estrea reprodutor multimedia de alta definición
Despois dunha febre inicial polos discos duros multimedia, agora chega a dos reprodutores multimedia de alta definición, que non só permiten ver vídeos en DivX no televisor, senón que tamén soportan formatos máis modernos coma os vídeos a 1.080p empaquetados en Matroska (MKV). Incluso Asus entra nesta nova gama de produtos co seu Asus O!Play HDP-R1 HD Media (...)
Ler máisEl Poder de la Fuerza contará con novas expansións
A saga cinematográfica de Star Wars segue con moita forza lonxe da grande pantalla, e tanto na televisión como nas consolas de videoxogos está a vivir sendas aventuras paralelas, resultando especialmente rechamante a última xogada de LucasArts, que anunciou novas expansións descargables para o xogo Star Wars: El Poder de la Fuerza (nas súas edicións de (...)
Ler máisUn xogo independente para iPhone ingresa 1 millón de dólares en 6 semanas
Fleet Air Superiority Training (F.A.S.T.) é o título dun xogo para o iPhone e iPod Touch que actualmente está á venda por 1,59 euros (aínda que partiu dun prezo máis elevado) e que pese a non destacar pola súa orixinalidade (é moi semellante ao clásico After Burner) está a ter unhas fortes vendas chamando a atención que conseguirse ingresar 1 millón de dólares en (...)
Ler máis0 | ... | 10750 | 10760 | 10770 | 10780 | 10790 | 10800 | 10810 | 10820 | 10830 | ... | 13030