Artigos desta sección
Os éxitos de No Doubt, dispoñibles en Guitar Hero III: Legends of Rock
Temas tan coñecidos como Don´t Speak, Excuse Me Mr ou Sunday Morning incluídos no albume Tragic Kingdom de No Doubt xa poden ser estragados polos seareiros do Guitar Hero III: Legends of Rock de Activision INC, que vén de lanzar novas cancións descargables no bazar Xbox LIVE para a consola Xbox 360. O devandito conxunto de gravacións de No Doubt (que foi (...)
Ler máisDisney Interactive anuncia o seu propio Rock Band para as consolas de Nintendo
Disney Interactive anunciou que vai lanzar un xogo musical para Nintendo Wii e DS, Ultimate Band, que segue a estela de Guitar Hero e Rock Band, aínda que non empregará periféricos adicionais, de xeito que na Wii se manexará co Wiimando e o Nunchuk, mentre sque na DS tirará proveito da súa pantalla táctil. Será así un xogo menos realista que os seus (...)
Ler máisLost Odyssey chega a España
Este venres chega ás tendas españolas o xogo para Xbox 360 Lost Odyssey, que se venderá por 64,95 euros. Vén en 4 DVD e inclúe subtítulos en español. Este xogo pertence ó xénero RPG xaponés clásico e é obra de Hinorobu Sakaguchi, creador da popular saga Final Fantasy. Sitúa ó xogador na pel de Kaim, un inmortal que emprende unha épica viaxe para recuperar a súa (...)
Ler máisSamsung presenta novos televisores de plasma con modo 3D
Samsung presentou en Corea do Sur os seus novos televisores de plasma de 42 e 50 polgadas que inclúen a tecnoloxía 3D Ready, o que permite utilizar un modo tridimensional nalgúns videoxogos e películas, aínda que necesitarán dunhas gafas especiais para aprezar tal efecto. Esta orixinal tecnoloxía se desenvolveu en colaboración con Electronic Arts, para (...)
Ler máisQuake III rexurdirá coma xogo vía web
Hai pouco máis de 8 anos Quake III era un dos xogos de acción en primeira persoa máis populares, e agora están a converter tal desenvolvemento en Quake Live, que será un título multixogador que funcionará directamente dende os navegadores de Internet e que estará patrocinado por anuncios grazas a un acordo con IGA (...)
Ler máisLittleBigPlanet podería ser o principal lanzamento para PS3 en 2008
Un dos títulos máis agardados para PlayStation 3 é o xogo de Media Molecule LittleBigPlanet, que se agardaba que se puidese adquirir a través da PlayStation Store, finalmente sairá en setembro para Blu-ray, ou sexa, nas tendas físicas, o que confirma a intención de que se converta no «meirande lanzamento para Blu-ray en 2008» segundo un voceiro de Sony. Nick (...)
Ler máisUn lector de tarxetas SIM permite recuperar mensaxes SMS borradas
Os expertos en seguridade informática advirten que cando borramos un ficheiro do noso ordenador normalmente queda un rastro de xeito que se podería recuperar (por motivos de espionaxe) pero agora nos advirten de que algo semellante acontece coas mensaxes SMS que escribimos e recibimos no móbil grazas a un lector de tarxetas SIM que se vende na Internet a (...)
Ler máisAiris presenta a pantalla MW145 que incorpora TDT de serie
A firma de informática e electrónica de consumo, Airis, vén de presentar a televisión panorámica LCD MW145 que inclúe TDT e que pode ser empregada como televisión ou como monitor de ordenador mediante o que a empresa cualifica de “cómodo manexo”. A pantalla, que conta cunha alta resolución de 1280 x 800 píxeles, está orientada a un uso tanto particular como (...)
Ler máisPreparan un clon de Metal Slug para Nintendo DS
Os clásicos shooters en 2 dimensións que tanto éxito tiñan nos salóns recreativos parecen uns compeltos esquecidos no sector dos videoxogos, o que pretende corrixir 07 Commando: Steel Disaster, que é un clon chinés da saga de Metal Slug, que chegará para a Nintendo DS desenvolvido por Mana Software. O xogo vense desenvolvendo dende 2006, e finalmente chegará ó (...)
Ler máisO pequeno ordenador Linutop 2 comeza a venderse hoxe a 280 euros
Linutop, o pequeno ordenador baseado en Linux, renóvase e lanza unha segunda versión que inclúe un procesador AMD Geode LX800 a 500 Mhz, 512 Mbytes de memoria RAM (ampliable a 1 Gb), 1 Gb de memoria Flash, 4 portos USB, Wi-Fi, Fast Ethernet, saída de auroculares e entrada de micrófono. O Linutop 2 mide 14 x 3,5 x 14 centímetros, pesa 580 gramos, consume só 8 (...)
Ler máis0 | ... | 11900 | 11910 | 11920 | 11930 | 11940 | 11950 | 11960 | 11970 | 11980 | ... | 12690