Menu
PRINCIPAL
  • Recursos de buscaEscolma de buscadores
  • EMPRESASNovas sobre empresas TIC
      • Os segredos da ferramenta de intelixencia nos negocios Power BI centran un curso de Vitae

        Sen dúbida entre os recursos máis destacados dos que podemos botar man para tomar as mellores (...)

        Televés inaugura en Santiago o seu novo centro de traballo Galileo

      • Balidea participa no proxecto para converter España nun hub europeo do vehículo eléctrico

        Vitae e Javier Garzás achegan a cuarta edición do Curso Product Owner Axilidade Avanzada

        Altia e Netex crearán contidos dixitais innovadores para o sistema educativo canario

  • SubscríbeteAs nosas novas por e-mail
    • Subscríbete ao noso boletín

      En móbiles e tabletas

      Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.

      Redes sociais

             

  • 20 anosinformando
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Edición Impresa
  • Top 100 (webs galegas)
  • Top 50 (webs en galego)

Artigos desta sección

Lector de pegadas dixitais compatible con Firefox

Os lectores de pegadas dixitais están a acadar certo protagonismo grazas á popularización dos seus prezos, permitindo a meirande parte deles tanto a identificación de usuario ante o Sistema Operativo, a protección de ficheiros e a xestión de contrasinais en distintas páxinas web (de xeito que o usuario non ten que lembrar multitude de chaves, e pode entrar no (...)

Ler máis

Palm anuncia o seu propio UMPC

Palm é unha empresa que sempre apostou pola mobilidade, creando os PDA máis populares do mercado e incluso un sistema operativo para os mesmos (o Palm OS, que será descontinuado en breve). Actualmente os PDA están a ser substituídos polos smartphones (ou teléfonos intelixentes) dos que o Palm Treo é o mellor expoñente da compañía, que podería verse eclipsado (...)

Ler máis

A última actualización da PSP no Xapón permite acceder a través da Rede ós contidos gardados na PS3

Sony estreou no Xapón a versión 3.50 do firmware da súa consola portátil que sorprende ó incorporar unha funcionalidade chamada Remote Play que permite acceder a través da Internet a contidos audiovisuais da PlayStation 3 doméstica que conte coa versión 1.80 do seu firmware. Deste xeito, aínda que non se poida xogar remotamente, os usuarios da PSP poden ver (...)

Ler máis

Adaptador para conectar un monitor a través dun porto USB

As tarxetas de vídeo dos ordenadores inclúen un porto de conexión para un monitor VGA e, en moitas ocasións, un segundo conector para poder empregar dous monitores simultáneos, pero os equipos que non conten cun porto D-Sub adicional (ou que non teñan ningún, como acontece con algún portátil) teñen agora unha nova solución á súa media: o adaptador USB-RGB de I-O (...)

Ler máis

Larry Laffer saltará ós móbiles

En 1987 apareceu o xogo Leisure Suit Larry in the Land of the Lounge Lizards (que contaría cun remake en 1991 e mesmo con 6 secuelas) no que o usuario tomaba o control de Larry Laffer á procura do amor, que é un dos poucos videoxogos para adultos que había naqueles tempos, o que lle outorgou unha sona importante e que agora Vivendi anuncia que levará do PC (...)

Ler máis

Slurpr permite conectarse a 6 redes Wi-Fi simultaneamente

Cada día resulta menos sorprendente acender o ordenador portátil nalgún lugar afastado do noso domicilio e descubrir que temos acceso á Internet porque no contorno hai algunha rede Wi-Fi aberta, e nalgún caso incluso podemos atopar varias redes a elixir, polo que hai quen aproveita este tipo de situacións para ter acceso á Rede de balde. Pensando no asunto, (...)

Ler máis

HTC estreará novos terminais

Un dos principais fabricantes mundiais de teléfonos intelixentes, HTC, anunciou que o vindeiro 5 de xuño presentará os seus novos terminais, entre os que estará o HTC Advantage X7500, que destaca por ter forma de UMPC sen deixar de ser un teléfono intelixente. O X7500 ten unha pantalla táctil de 5 polgadas, un disco duro de 8 Gb, lector de tarxetas miniSD, (...)

Ler máis

Un videoxogo en Flash permítenos boxear con quen máis rabia nos dea

Agora que en Galicia vimos de vivir unhas eleccións municipais moi movidas os ánimos están algo caldeados, polo que en vez de botar a lingua a pacer e criticar a políticos e veciños recomendamos ós nosos lectores que aproveiten o servizo dunha nova web xermana, PlayMyGame, que nos permite personalizar un xogo de boxeo coa cara do home ou muller que queiramos, (...)

Ler máis

Un reloxo de pulso para falar por teléfono

Falar a distancia mediante un reloxo de pulso xa non é exclusividade de Michael Knight (o protagonista da serie de televisión El Coche Fantástico) senón que agora os propietarios dun terminal SMS Technology M500 poderán vestir un móbil con forma de reloxo sen perder funcionalidades. O curioso terminal é cuatribanda, ten 128 Mb de memoria interna, reproduce (...)

Ler máis

Intel presenta un xogo para adestrar ós futuros xerentes de informática das empresas

Para os negocios tamén fai falta adestramento, e non só no que se refire á paciencia (santa) coa que temos que aturar unha boa parte das ordes dos nosos xefes. É dicir: que en moitas ocasións non chega con ter unha boa formación e con saber moito de informática para que conten contigo –por exemplo- nunha firma como xerente de informática. Para Intel, é (...)

Ler máis

0 | ... | 11970 | 11980 | 11990 | 12000 | 12010 | 12020 | 12030 | 12040 | 12050 | ... | 12270

Dinahosting hospeda este espazo web

















Revista en PDF:

Descárgaa xa







AMTEGA
· O reto #CaminaenDigital fai que 700 persoas maiores de toda España percorran 65.000 km. Empregando ferramentas dixitais
· O Porto de Vigo acolle unha proba para o uso de aeronaves non tripuladas e Intelixencia Artificial para a vixilancia
· Declaración institucional con motivo do Día de Internet 2022

Axencia Galega de Innovacion

O Portal da Lingua Galega







Código Cero

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

CONTACTO

  • Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
    Rúa das Hedras 4 1 G
    (Pol. Novo Milladoiro)
    15895 Ames - Milladoiro
  • 981 53 02 68
  • redaccion@codigocero.com

Premios

             

© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade