Artigos desta sección
IOGEAR facilita compartir periféricos USB a través da rede local
IOGEAR lanza un novo dispositivo para compartir dispositivos USB a través de redes Ethernet. O USB Net ShareStation conta cun porto USB no que podemos pinchar un disco duro externo, unha memoria USB, un lector de tarxetas de memoria, unha webcam, un altofalante ou unha impresora multifunción para compartilos na nosa rede local, e mesmo se pode combinar (...)
Ler máisMetal Gear Solid terá versión para N-Gage
Solid Snake poderá correr as súas aventuras en teléfonos móbiles grazas á nova versión de Metal Gear Solid que aparecerá para N-Gage grazas a un acordo de Nokia con Konami, no que podería ser o título con mellores gráficos que se veu ata o momento nun móbil. Metal Gear Solid Mobile será un xogo de acción e espionaxe desenvolvido coa colaboración de Ideaworks3D e (...)
Ler máisPrimeiras imaxes de Dragon Ball DS
A revista nipona V-Jump publicou o que son as primeiras imaxes o xogo Dragon Ball DS para a consola portátil de Nintendo, que será un novo xogo de Son Goku que fuxe dos títulos de loita tan populares para PlayStation 2 e recupera o estilo de RPG que tiñan entregas anteriores para GameBoy. Outro detalle destacable é que o xogo tratará sobre a primeira serie (...)
Ler máisCasete Bluetooth para o automóbil
Moitos equipos de son de automóbiles inclúen xa conectividade Bluetooth que serve tanto para o mans libres do móbil como para facilitar a reprodución musical dende dispositivos multimedia, pero agora estas funcionalidades tamén se poden engadir a sistemas menos avanzados grazas a un adaptador de Bluetooth con forma de casete. Este tipo de dispositivos (...)
Ler máisAmosan o que será o Willcom D4 de Sharp
O Willcom D4 de Sharp será un dos primeiros MID en chegar ao mercado con procesadoress Intel Atom, que sorprende por incorporar o sistema operativo Windows Vista, de xeito que sería o dispositivo de menor tamaño en incorporar o último sistema operativo de Microsoft. Dende Akihabara News amosan cómo será finalmente este dispositivo pensado para a navegación (...)
Ler máisSamsung presenta un televisor QuadHD de 82 polgadas cun refresco de 120 Hz
Estes días se celebra en Los Ángeles a feira Society for Information Display, e Samsung presentou alí un espectacular televisor LCD de 82 polgadas equivale a catro pantallas FullHD destacando por acadar unha velocidade de refresco de 120 Hz. A pantalla conta con retroiluminación LED, o que combinado coa súa resolución de 3.840 x 2.160 píxeles o converten (...)
Ler máisCritican que Wii Fit diga aos nenos que teñen sobrepeso
O xogo Wii Fit para a consola doméstica de Nintendo pode resultar moi entretido, pero non está libre de polémicas, pois os expertos en obesidade denuncian que o xogo pode danar a imaxe que os cativos poden ter do seu propio corpo, xa que o Wii Fit pode dicir a unha nena de 10 anos que está gorda, o que podería provocar desordes alimentarias. Cando un (...)
Ler máisFujitsu lanzará unha tarxeta de vídeo externa para os seus portátiles AMILO
Fujitsu porá á venda nas vindeiras semanas o AMILO GraphicBoster, que sería unha tarxeta gráfica externa baseada en tecnoloxía ATI XGP, que permitiría conectar ata 3 pantallas externas (por DVI-D e HDMI) a ordenadores portátiles (pensando nun principio para os Fujitsu Siemens AMILO, pero que tamén podería funcionar noutros modelos). As probas realizadas con (...)
Ler máisRock Revolution será a resposta de Konami a Rock Band
Konami quere sumarse ao éxito dos videoxogos musicais co seu Rock Revolution, que sairá para PlayStation 3, Xbox 360, Nintendo Wii e DS, estando a medio camiño entre Guitar Hero e Rock Band, pois permitirá tocar instrumentos como a guitarra, o baixo e a batería, pero deixando de lado o uso da voz para cantar os temas interpretados. Destacará que a versión de (...)
Ler máisO Movie Cowboy permite reproducir vídeo de alta definición
Os discos duros multimedia teñen cada vez máis en conta os novos formatos de vídeo que permite a reprodución en alta definición, e Digital Cowboy estrea así cunha carcasa para discos duros SATA de 2,5 polgadas que se pode comunicar co ordenador a través dun porto USB e que destaca por soportar os formatos MPEG-1/2/4 (incluíndo DivX, Xvid e MS-MPEG4), (...)
Ler máis0 | ... | 12060 | 12070 | 12080 | 12090 | 12100 | 12110 | 12120 | 12130 | 12140 | ... | 13030