Artigos desta sección
AmnistÃa Internacional denuncia o doado acceso que teñen os menores a videoxogos violentos
A facilidade coa que os cativos poden acceder a videoxogos para adultos nos que prima a violencia preocupa a AmnistÃa Internacional, polo que publicaron un informe (descargable en formato PDF) no que se denuncia a situación e se pide unha regulación máis dura que impida a compra de xogos violentos por parte dos nenos por considerar insuficiente o sistema (...)
Ler máisUn chaveiro con GPS permite xeolocalizar as nosas fotografÃas
O Sony GPSCS1KA é un localizador GPS con forma de chaveiro que resultará especialmente atractivo para os amantes á fotografÃa dixital, xa que permite memorizar as datas e posicións nas que nos atopamos para despois sincronizar tal información coas fotografÃas que tiremos, para poder asà xeolocalizalas en servizos coma Google Maps. O curioso dispositivo (...)
Ler máisNinja Gaiden chegará á Nintendo DS en marzo de 2008
Ninja Gaiden Dragon Sword será a adaptación da violenta saga de videoxogos para a Nintendo DS que, pese a non ser tan espectacular coma o futuro Ninja Gaiden 2 para Xbox 360, promete levar unha acción trepidante ás consolas portátiles niponas e norteamericanas en marzo de 2008 (a data do lanzamento europeo aÃnda non se detallou). O xogo protagonizado polo (...)
Ler máisCargador externo para iPod e iPhone
Os usuarios de reprodutores iPod (ou mesmo dun móbil iPhone) poden incrementar a autonomÃa dos seus dispositivos grazas ó iPower Rush, que é un cargador especial para os reprodutores de Apple que amplÃa o seu tempo de uso entre 10 e 15 horas. O iPower Rush aliméntase de 6 pilas AAA (alcalinas ou recargables), conta cun indicador de carga e ten un tamaño (...)
Ler máisDisco duro externo de memoria de estado sólido de 100 Gb
Os discos duros externos comezan a ter un novo integrante na súa familia, pois aparte das memorias USB e dos discos duros de 3,5 e 2,5 polgadas agora tamén compiten cos discos de estado sólido. Esta tecnoloxÃa empeza a acadar tamaños importantes, e Buffalo anuncia o lanzamento da súa liña de discos SHD-UHRS que se comercializan en capacidades de 32, 64 e 100 (...)
Ler máisA revista Wired alza a Rock Band coma o xogo do ano
Cando se achega o remate do ano moitas publicacións procuran facer un repaso do ano destacando os mellores produtos que chegaron, e no mundo dos videoxogos parece que hai bastante consenso sobre os tÃtulos máis relevantes, pois tanto CNet como a revista Wired coincidiron na meirande parte dos seus Top 10, proclamándose coma xogo do ano Rock Band (segundo (...)
Ler máisDisco duro en rede de LaCie
Os discos duros en rede comezan a ser unha opción cada vez máis interesante para fogares e empresas, e LaCie aproveita o pulo para presentar en España o seu disco duro LaCie Ethernet Disk mini Home Edition, que se conecta directamente a un porto Ethernet de ata 1 Gbps (ou sexa, ó router doméstico, preferiblemente con soporte de Universal Plug and Play) para (...)
Ler máisSonic achégase ós iPod con capacidades de videoxogo
Os posuidores de reprodutores iPod nano de terceira xeración, iPod de quinta xeración e iPod Classic poderán mercar a través de iTunes o clásico Sonic the Hedgehog, aquel xogo do ourizo cacho de Sega que tanta diversión trouxo ós usuarios das consolas Megadrive e Game Gear. O novo tÃtulo para os iPod se vende a 4,99 euros e conserva toda a dinámica das 6 fases (...)
Ler máisDuke Nukem Forever estrea un novo teaser
O videoxogo Duke Nukem Forever, presente la listaxe do vaporware máis destacado de cada ano pola revista Wired dende o ano 2000, parece que finalmente se converterá en realidade en 20008, e 3D Realms anunciou a publicación un vÃdeo de adianto do xogo, comezando por unha impresionante imaxe do protagonista. O novo vÃdeo amosa que o desenvolvemento do xogo (...)
Ler máisNovo trackball de Genius pensado para portátiles
Os usuarios de portátiles que non se afagan ós touchpads, e que o rato non sexa axeitado para eles, pode recuperar a solución tecnolóxica que era máis popular hai anos, pois Genius estreou o mini trackball Traveler 350, que se conecta por USB o equipo e inclúe dúas teclas de atallo (programables) pensadas para utilizar o Flip 3D de Windows Vista asà como o (...)
Ler máis0 | ... | 12400 | 12410 | 12420 | 12430 | 12440 | 12450 | 12460 | 12470 | 12480 | ... | 13040