Arturo Dopico funda Testa Investments

luns, 30 de xaneiro do 2017 Marcus Fernández

O Boletín Oficial do Rexistro Mercantil (BORME) reflicte hoxe a constitución de Testa Investments, S.L., unha sociedade unipersoal para actividades de asesoramento e consultoría en compañías do sector das telecomunicacións, os medios e a tecnoloxía que chama a atención por ser o retorno aos negocios de Arturo Dopico Pérez, empresario de recoñecido prestixio, especialmente pola posta en marcha en Galicia do operador R, compañía que deixou a finais de 2015, tras a súa absorción por parte de Euskaltel.
Polo momento só sabemos desta sociedade que botou a andar o pasado día 20 e que Arturo Dopico é o seu administrador único, aínda que o feito de que quen foi conselleiro delegado de R durante 17 anos manteña a súa actividade no sector ao que dedicou boa parte a súa vida, aínda que como asesor, esperta certo interese na súa persoa.

PUBLICIDADE