Arzúa oferta 4 obradorios para internautas este mes de abril

mércores, 1 de abril do 2009 Raquel Noya

Obradoiro de iniciación á Informática en Arzúa

Os responsables do telecentro de Arzúa veñen de anunciar que, ao longo de todo o mes de abril, van acoller catro obradoiros vinculados a distintos usos que os usuarios e usuarias lle poden dar a Internet, como son o correo electrónico, a xestión de trámites, a mensaxería instantánea e a banca virtual.
Os cursos, que van dirixidos aos veciños e veciñas la localidade interesados en formarse neste tipo de actividades en liña, darán comezo o vindeiro día 6 (concretamente o de Trámites por Internet) e prolongaranse ata finais de abril, cando remate o último.
Estes catro obradoiros forman parte da programación deseñada pola Rede de Dinamización da Sociedade da Información e o departamento municipal de Cultura, e terán lugar de balde no centro sociocultural María Mariño da localidade que ostenta o queixo máis grande do mundo.

PUBLICIDADE