As ACE Eyewear queren facer streaming a través de Facebook, Instagram e YouTube
venres, 5 de xaneiro do 2018
O fracaso
das Spectacles de Snap Inc. non disuadiu a outras compañÃas a preparar
produtos semellantes, e agora como como a norteamericana Acton está a aceptar
pedidos anticipados as ACE Eyewear, unhas
lentes de sol que integran unha cámara capaz de disparar fotografÃas de 8
MpÃxeles, gravar até 40 minutos en alta definición e retransmitir vÃdeo en
directo a través das plataformas sociais máis populares (Facebook, Instagram e
YouTube).
Este curioso produto quere ser realidade antes do verán de 2018, cando terá un
prezo de 199 dólares, permitindo agora a súa compra por 99 dólares, captando
asà financiamento para a súa fabricación. Estas lentes integran na súa patilla
un sensor CMOS de 8 MpÃxeles e un procesador de dobre núcleo a 1,2 GHz de baixo
consumo que permiten captar imaxes a través unha lente de grande angular de 120
graos e que poden manexarse cun simple botón que poderemos premer para disparar
unha fotografÃa ou gravar un vÃdeo.
Cómpre destacar que estas lentes de 145 x 145 x 50 milÃmetros e 50 gramos de
peso non son precisamente discretas, xa que o seu deseño chama bastante a
atención e, de seren recoñecidas, poderÃan causar rexeitamento por parte
doutras persoas ante o temor de estar sendo gravados.
As ACE Eyewear contan cunha baterÃa de 260 mAh que permÃtenlle aguantar até 80
horas en espera e hora e media de gravación continua e, dado que é un trebello
pensado para empregarse na rúa, contan con protección IP55 para a auga e o po. Para
a súa comunicación integran Wi-Fi N e Bluetooth 4.1.
VÃdeo promocional das ACE Eyewear de Acton