As Cidades Intelixentes centran un novo coloquio de Ferreira DapÃa
xoves, 29 de abril do 2021
A
consultora tecnolóxica Ferreira DapÃa e o Club Empresarial e
Executivo de Galicia (CEEG) organizan este 29 de abril ás 18.00
horas o evento online Cidades Intelixentes, lo que as nosas
cidades din de nós. Poderemos
asistir virtualmente á mesa redonda a través de Youtube.
Na
sesión-coloquio contarase coa presenza de Julián Sastre, presidente
do Instituto de Mobilidade e socio director da consultora Alomon, que
falará con Jose Antonio Ferreira DapÃa, socio director de Ferreira
DapÃa, sobre o presente e o futuro das Smart Cities e a
información da que bota man para desenvolverse, tentando dar mellor
servizo á cidadanÃa e aos residentes.
Julián
Sastre onta con 35 anos de experiencia no sector do transporte.
Iniciou a súa andaina profesional na administración, concretamente
no Consorcio de Transportes de Madrid, pasou despois ao sector
privado como consultor en varias multinacionais e, desde 2005, é
socio fundador de consultora Alomon especializada en mobilidade
sustentable. É tamén presidente do Instituto de Mobilidade,
entidade sen ánimo de lucro dedicada á formación e difusión do
saber e a concienciación en mobilidade sustentable.
