As Comunidades de WhatsApp están dispoñibles para todos os usuarios

venres, 2 de decembro do 2022 Marcus Fernández

Hai cousa dun mes anunciouse o inicio do despregamento das Comunidades en WhatsApp, e finalmente podemos entender que esta nova funcionalidade está xa despregada entre os usuarios no territorio español, tanto nas versións normais como beta de WhatsApp para iOS e para Android.
A nova funcionalidade está claramente visible nas pestanas superiores da aplicación, onde aparece unha nova icona que representa a tres persoas, e que se prememos na mesma atoparemos unha mensaxe de benvida ás Comunidades, convidándonos a crear unha comunidade, que poderiamos considerar como unha sorte de colección de grupos de WhatsApp, de xeito que podemos ter unha serie de usuario ampla que poden repartirse en distintos grupos, de xeito que non é preciso que os usuarios estean en todos os grupos, reducindo así o nivel de ruído de grupos de WhatsApp con moitos usuarios. Os administradores da Comunidade tamén poden mandar avisos (aínda que o grupo de avisos tamén pode abrirse para calquera usuario de considerarse oportuno).
As Comunidades están presentes tanto nas aplicacións móbiles de WhatsApp como en WhatsApp Web, tendo pendente a súa activación na aplicación de WhatsApp para escritorios informáticos.

PUBLICIDADE