As DJI Goggles permitirán vivir a experiencia de pilotar un dron en primeira persoa

martes, 25 de abril do 2017 Marcus Fernández

O fabricante de drons de consumo líder do mercado, DJI, vén de publicar os detalles do seu primeiro casco de visión en primeira persoa que permite achegar unha experiencia semellante aos cascos de realidade virtual, aínda que buscando reproducir a sensación de pilotar un dron coma se fose un vehículo tripulado. As DJI Goggles funcionan cos drons Mavic Pro, Phantom 4 e Inspire, teñen unha resolución Full HD para cada ollo (permitindo recibir vídeo a 1.080p e 30 cadros por segundo ou a 720p a 60 cadros por segundo cunha latencia de só 110 milisegundos), inclúe un touchpad para navegar polos menús, unha toma de auriculares e batería cunha autonomía de até 6 horas.
Pero este accesorio non resultaría rechamante se non fose porque integra acelerómetro e xiroscopio, de xeito que cando o usuario move a cabeza pode dirixir o voo do dron e controlar o estabilizar do cámara, conseguindo así unha experiencia máis inmersiva. O control mediante a cabeza non é absoluto, senón que simplemente xira lixeiramente o dron aos lados, aínda que no caso da cámara si permite un maior nivel de control, de xeito que non se pode librar ao usuario dos mandos a distancia habituais e, o que si é máis factible é permitir que mentres cos mandos se voe o dron, coa cabeza sexa posible mover a cámara para que se axuste cara a onde quere dirixir a vista o usuario que leve as DJI Goggles.
O prezo deste casco FPV para os drons de DJI venderase a un prezo de 549 euros.

Coas DJI Goggles tamén é posible que unha persoa controle o dron mentres outra contempla o contorno dende as alturas

Vídeo promocional das DJI Goggles

PUBLICIDADE