As IX Xornadas de Protección Civil de Lugo puxeron o foco na ciberseguridade

luns, 10 de novembro do 2025 S. P.

O pasado 8 de novembro a deputada de Muller e Igualdade e alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira, inaugurou a novena edición das Xornadas de Protección Civil da provincia centradas desta volta na ciberseguridade, un ámbito de acción que, segundo indicou, cobra cada día que pasa máis relevancia, porque as ameazas e os ataques non só comprometen a información en si mesma e as telecomunicacións, senón tamén (e sobre todo) á cidadanía.
No acto, que tivo lugar no Restaurante La Casilla (Guitiriz), no que tamén estiveron presentes as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, a Cruz Vermella e os bombeiros, as agrupacións de Protección Civil da provincia (que reúnen a máis de 400 voluntarios) celebraron o seu encontro anual, no que se falou de ciberdelincuencia, da man de Alberto Fonte, analista de ciberseguridade en NTT Data, e do Campo de Manobras e Tiro (CMT) de Santa Cruz de Parga.
En canto ás xornadas, nas que participaron 70 voluntarios, asistiron tamén o director de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, que subliñou que os voluntarios "son un piar fundamental" e falou da xenerosidade e a entrega nun ano difícil, coa DINA de Valencia, o apagamento ou todos os incendios. Salientou a importancia deste persoal na prevención de riscos e na atención ás emerxencias, labores nas que son “un piar fundamental”.