As JPOD ábrense ás linguas cooficiais do Estado
venres, 27 de xuño do 2025
As Xornadas de Podcasting (JPOD) regresan este ano cunha edición que se celebrará en Terrassa os dÃas 24, 25 e 26 de outubro. Organizadas pola Asociación Podcast de España co apoio do Concello de Terrassa, as JPOD 2025 aspiran a converter a cidade nun referente da cultura dixital e da comunicación sonora.
A principal novidade desta edición é a incorporación, por primeira vez, de podcasts en todas as linguas cooficiais do Estado, nun claro compromiso coa diversidade cultural e lingüÃstica. A organización destaca asà a vontade de facer das JPOD un espazo inclusivo e plural, onde se recoñeza a riqueza do ecosistema podcasteiro en galego, catalán, éuscaro e castelán.
O evento reunirá durante tres dÃas a creadores, oÃntes, profesionais do audio dixital, empresas e plataformas de todo o paÃs. A programación incluirá conferencias, obradoiros, mesas redondas, gravacións en directo e espazos para o intercambio de ideas e contactos, culminando coa gala de entrega dos Premios da Asociación Podcast.
Emilio Cano recibirá un premio honorario polas súas achegas ao podcasting
Precisamente, no marco desa gala que terá lugar o sábado 25 de outubro no Auditori Municipal de Terrassa, entregarase o Premio Honorario da XV edición das JPOD a Emilio Cano, máis coñecido como Emilcar.
Considerado unha figura pioneira do podcasting en español desde os seus inicios en 2005, Emilcar será recoñecido pola súa contribución constante á creación de contidos, formación e pensamento crÃtico no ámbito do audio dixital.
çO autor de programas como Emilcar Daily ou Sujétame el micro confirmou a súa asistencia para recoller o galardón en persoa.
A organización anunciará proximamente o programa provisorio e o proceso de inscrición.
