As Oculus Quest 2 poderán usarse sen cable co PC de xeito oficial
mércores, 14 de abril do 2021
O casco
de realidade virtual Oculus
Quest 2 apostou dun xeito moi completo pola realidade virtual sen fÃos, xa
que non só pode funcionar como un dispositivo autónomo, senón que tamén serve
como casto de VR para o PC, o que oficialmente só podÃa facerse mediante cable,
aÃnda que a aplicación Virtual Desktop permitÃa librarnos dese elemento e gozar
da realidade virtual totalmente sen fÃos, o que finalmente vai permitir Oculus
de xeito oficial a través da actualización
v28 do software das Quest 2.
Oculus Air Link será a tecnoloxÃa que permitirá gozar da realidade virtual de
PC nas Quest 2 sen cables, prestación que está a chegar aos usuarios como función
experimental, e que precisa para funcionar correctamente dunha boa conexión
Wi-Fi (preferiblemente Wi-Fi 5 ou 6 na banda dos 5 GHz).
Do mesmo xeito a como acontece con Virtual Desktop, Quest Platform permitirá
gozar dun escritorio virtual en realidade virtual, función que haberá que activar
tamén como opción experimental e que no caso de contarmos cun teclado Logitech
K830 poderemos gozar dunha experiencia especialmente inmersiva, xa que este
accesorio integrarase visualmente na realidade virtual.
Outra novidade das Quest 2, que resulta bastante sorprendente, é que este caso
que inicialmente funcionaba a 70 Hz e permitiu activar a compatibilidade cos 90
Hz pouco despois do seu lanzamento, finalmente permitirá que as aplicacións
nativas funcionen a 120 Hz, conseguindo asà experiencias aÃnda máis realistas e
frenéticas.