As Oculus Quest 2 servirán como casco de realidade virtual autónomo e para PC
xoves, 17 de setembro do 2020
Dende
Facebook celebran por fin o seu evento anual dedicado ás tecnoloxÃas de
realidade virtual e realidade aumentada, que desta volta xirou en boa medida ao
redor da presentación das Oculus Quest
2, o novo casco de realidade virtual que desta volta é máis ambicioso que
nunca, xa que preséntase como unha solución autónoma sen fÃos que, valéndose
dun cable, pode transformarse nun casco de realidade virtual para ordenadores
persoais cun nivel de calidade tal que fai que non vaiamos ver unha nova xeración
cos cascos Oculus Rift.
As novas Oculus Quest 2 poden xa reservarse a un prezo de 349 euros cun
almacenamento interno de 64 GB, mentres que por 449 euros podemos facernos coa
versión de 256 GB, sendo importante indicar que estarán dispoñibles a través da
páxina web de Oculus e na tenda en liña de Amazon. Cómpre lembrar que a
primeira edición das Quest tivo problemas de abastecemento constantes, polo que
o interesados en facerse con este produto farÃan ben en compralo anticipadamente,
estando previsto que as entregas comecen a realizarse o 13 de outubro.
O novo casco de realidade virtual está equipado cun procesador Qualcomm Snapdragon
XR2, 6 GB de RAM, novas pantallas con 1.832 x 1.920 pÃxeles por ollo (o que
supón unha mellora de resolución do 50%) e unha velocidade de refresco de 90
Hz. Os seus mandos tamén mudaron lixeiramente para contar cunha mellor
autonomÃa.
Este casco tamén permite o axuste da distancia interpupilar (conta con 3
posicións) e conta con diversos accesorios que facilitan o axuste do casco de
distintos xeitos para que resulte confortable incluso empregando lentes.
A redución do prezo en 100 euros con respecto á anterior xeración das Quest
pode axudar á popularización desta solución que, ao poder aproveitarse como
casto de realidade virtual para PC é un dos produtos máis atractivos do
mercado, o que poderÃa contribuÃr a unha mellor implantación da realidade virtual,
algo moi necesario para que os avances cara a unha realidade aumentada solvente
non se eternicen.
- As Oculus Quest 2 son unha solución de realidade virtual que non precisa de ordenador nin de sensores externos para o seu funcionamento
- As Oculus Quest 2 son unha solución de realidade virtual autónoma que contan con numerosos accesorios para convertelas no grande referente dentro do seu ámbito