As Pontes ferveu de espÃrito Maker da man dos novos Amigus Labs
luns, 25 de setembro do 2017
Finalmente
a vertente máis creativa das tecnoloxÃas, e tamén a vertente máis
tecnolóxica da creatividade, foron as protagonistas do novo
laboratorio convocado nas Pontes pola asociación
Amigus, ao
abeiro das súas actividades Amigus
Labs. A cita do pasado sábado 23 de
setembro, que foi de balde, desenvolveuse no Mercado Vello a xeito de
obradoiro Maker
no que interactuou e colaborou xente de todas as idades, facéndose
especial fincapé en atraer aos máis pequenos de
cada casa.
En
canto á temática, dicir que foi ben variada: drones,
realidade virtual, obradoiros sobre
robótica, programación,
impresión 3D,
radio control
videoxogos, equipos de fabricación de kits
electrónicos, imaxe e son estiveron
presentes nesta exposición, amais
da opción de pilotar vehÃculos aéreos non tripulados ou de viaxar
a mundos virtuais. Asemade,
achegouse un recanto onde se exhibiron
algunhas creacións materializadas ao longo
dos últimos anos ao abeiro de Amigus Labs.
Nun
plano máis detallado, traballouse nos seguintes:
fabricación dixital
(exposición
de máquinas de fabricación dixital; isto
é, impresoras
3D, CNC, fresadoras e exemplos
de ferramentas construÃdas en Amigus Labs e materiais empregados);
xogos retro (máquinas
recreativas feitas por usuarios dos obradoiros
deseñadas e programadas in
situ); Minecraft (o senlleiro
xogo de Minecraft,
hackeado vÃa Scratch,
co que
as crianzas puideron xerar
cadanseu mundo virtual e
manipulalo vÃa programación);
drones
e radio
control
(exposición
de drones
e vehÃculos teledirixidos, incluÃndo
simuladores de voo para
que os
asistentes tiveran ocasión
de aprender a manexar
vehÃculos aéreos
non tripulados); laboratorio
sonoro (oportunidade
para introducirnos nas novas
tecnoloxÃas aplicadas á creación musical),
Escornabots (introdución
teórico-práctica ao proxecto
Escornabot:
robot educativo aberto para iniciar aos nenos e nenas máis pequenos
no eido
da robótica e da programación);
robótica
Lego (construción,
programación e control de
robots Lego ensamblados
in situ);
experimentos Arduino
(amosando
diferentes proxectos creados
con Arduino, a placa libre
de creación tecnolóxica e robótica);
e unha achega en primeira persoa á realidade
virtual.
Este encontro do que estamos a falar levouse a cabo grazas ao apoio
da Asociación Informática Amigus, de Amigus Labs, Merca Nas Pontes,
o Concello das Pontes, a OMIX local, a ConcellerÃa de Cultura,
COHEMPO, EuroEume, Nauta, No Ping, Nodo Dixital ou Triade, entre
outras entidades.
Pechamos a nova anunciando que Amigus Labs xa están a traballar
noutro evento (o sábado 14 de outubro) sobre a Industria 4.0.