As Pontes impulsa unha nova edición do campamento DixiTIC’s
luns, 4 de agosto do 2025
O Concello das Pontes, en colaboración coa Xunta de Galicia, organiza este mes de agosto, a través da Aula CeMIT local, unha nova entrega campamento tecnolóxico DixiTIC’s Acampada: unha actividade de lecer creativo que aposta pola capacitación dixital en positivo, participativa, saudable, enriquecedora e, por suposto, lúdica.
O campamento irá dirixido á nenas/os e adolescentes e desenvolverase entre os dÃas 11 e 29 de agosto no horario de 9:30 a 13:30 horas. As actividades levaranse a cabo na Aula CeMIT, no soto da Casa Dopeso.
A axenda vén con sesións formativas e divulgativas vencelladas ao emprego responsable das novas tecnoloxÃas, a Realidade Virtual, as linguaxes de programación, os xogos interactivos e os contidos adaptados ás diferentes idades.
Para máis información, cómpre contactar co 640 813 790 ou coa conta de correo cemit.aspontes@xuntal.gal.
