As Smart Cities centran unha xornada de NOVATFE, o vindeiro martes 30 na EGAP
venres, 26 de novembro do 2021
Este
martes 30 de novembro vaise celebrar na Escola Galega de
Administración Pública (EGAP) de Santiago, a partir das 11.00, unha
xornada de divulgación e reflexión arredor das cidades do futuro,
que serán, grazas á presenza activa de tecnoloxÃas disruptivas
como a 5G, o Big Data (análise da información masiva), a
Internet das Cousas ou a Intelixencia Artificial, máis sustentábeis,
mellor xestionadas e comunicadas e, en última instancia, máis
cómodas para vivir. O seminario Smart
Cities e tecnoloxÃas de cambio para a administración local
encádrase no proxecto NOVATFE.
A
inscrición
pódese formalizar xa en liña.
Programada
da xornada
-11:00
Apertura institucional -
-11:15
Informática ao servizo dos Destinos turÃsticos intelixentes
Fernando
Suarez Lorenzo. Director de Transparencia e Goberno Aberto Deputación
de Ourense
Presidente
do Colexio Profesional de EnxeñarÃa Informática de Galicia
-11:45
VÃdeo e Intelixencia Artificial nas Smart Cities.
Antonio
RodrÃguez del Corral. Director executivo de Cinfo SL
Presidente
do Cluster TIC de Galicia
-12:15
Descanso
-12:30
Ecosistemas de innovación para Smart Cities
Antonio
Guimarey. Xerente de sector público no consultora SILO.
-13:00
CPI como panca de transformación dos concellos
Katia
Pérez López. Directora de sector público no consultora SILO
-13:30
Debate final. Transformación das cidades mediante a tecnoloxÃa.
-14:00
Peche
O
proxecto
NOVATFE
é un proxecto dirixido ao desenvolvemento de novos modelos de
negocio baseados nas chamadas TecnoloxÃas Facilitadoras Esenciais
(TFE). É unha iniciativa de cooperación transfronteiriza Interreg
POCTEP NOVA TFE, cuxa finalidade é apostar por novos modelos negocio
ao redor destas tecnoloxÃas, especialmente ás vinculadas á
fabricación avanzada (fabricación aditiva, fabrica 4.0) e TIC
(Industria 4.0, Internet das Cousas, Cidades Intelixentes).
O
proxecto NOVATFE persegue achegar ás pequenas e medianas empresas de
áreas non urbanas do espazo de cooperación ás estruturas de
investigación e transferencia existentes (rede especÃfica), apoiar
novos modelos de negocio innovadores e intensivos en tecnoloxÃa
(TFE) a través de estratexias innovadoras (laboratorios de
experimentación e prototipado), e acompañar ás pemes na súa
procura de socios, provedores e financiamento.
O
proxecto ten o impulso da Universidade de Vigo, a Mancomunidade do
Salnés, a Deputación de Ourense, a Xunta de Galicia
(Vicepresidencia primeira) e o Municipio de Valença.