As TIC impulsan o volume de negocio e a produtividade de ABANCA

xoves, 26 de xullo do 2018 Redacción

ABANCA vén de dar a coñecer os seus datos de actividade relativos ao primeiro semestre de 2018. En termos xenéricos, a entidade bancaria galega acadou un resultado neto de 247 millóns de euros, un 7,8% máis que no mesmo período de 2017, o que supón unha rendibilidade ROE do 11,8%. No plano dixital, que é o que nos ocupa en Código Cero, ABANCA recibiu o premio á Mellor Estratexia de Experiencia Cliente da Asociación para o Desenvolvemento da Experiencia de Cliente (DEC) e foi quen de situarse no top 5 da clasificación de compañías intelixentes de Smartme Analytics.
Ademais, proseguiu incrementando os seus niveis de produtividade grazas en parte ás canles dixitais, que xeran xa máis da metade das transaccións totais. Estas foron do 54,2% no mes de xuño, cun incremento interanual do 37,5% no número de transaccións dixitais. O resultado de todo isto é que, ao peche de xuño de 2018, medrase o volume de negocio por empregado e máis a produtividade por empregado.

PUBLICIDADE