As Tartarugas Mutantes estrean un roguelike para Switch

mércores, 17 de xullo do 2024 Marcus Fernández

Os amantes das Tartarugas Mutantes teñen dende hoxe un novo xogo para Nintendo Switch que pode resultar moi do seu agrado: Las Tortugas Ninja: El destino de Splinter. Falamos dun xogo de acción isométrica e estilo roguelike dispoñible a través da Nintendo eShop a un prezo de 29,99 euros que colócanos na pel das Tartarugas Mutantes que teñen que loitar contra infinidade de inimigos para rescatar ao mestre Acha, secuestrado polo malvado Desfibrador.
Este xogo, sen chegar a ser un portento técnico (como denota o feito de que estea tamén incluído no servizo Apple Arcade, de aí que teña máis pinta de xogo para móbiles que para consolas), chega nun momento no que os roguelike son bastante populares, grazas en boa medida polo éxito de Hades, polo que os que lle teñan o gusto collido a esta fórmula estarán encantados de introducirse nesta aventura na que non hai dúas partidas iguais. Neste caso, e dado que falamos das Tartarugas Mutantes, o máis recomendable para gozar desta experiencia é xogar con amigos, pois estamos ante unha proposta que aposta pola acción máis pura.

O novo xogo é un roguelike que tira proveito da franquía das Tartarugas Mutantes para atraer aos propietarios dunha Nintendo Switch