As Vibes de Meta chegan oficialmente a Europa
xoves, 6 de novembro do 2025
A finais de setembro Meta anunciou Vibes, un novo xeito de crear e descubrir vÃdeos feitos con intelixencia artificial, dispoñible a través da aplicación e a páxina web de Meta AI, e agora anuncian que tal funcionalidade inicia hoxe o seu espallamento polo territorio europeo.
Deste xeito será posible tirar proveito das novas posibilidades creativas de Meta AI a través das distintas aplicacións de Meta (Facebook, Instagram, Messenger e WhatsApp). A aplicación de Meta AI serve agora non só para xestionar as lentes de Meta, senón tamén para explorar os contidos de vÃdeo creados mediante IA (Vibes), animando aos usuarios a comprobar a creatividade da xente como inspiración tamén para a creación de máis contido deste tipo (o que aÃnda non está claro se será algo positivo, pois podemos estar a fomentar a proliferación de lixo audiovisual).
