As Vision Pro de Apple chegarán ao mercado estadounidense o 2 de febreiro
luns, 8 de xaneiro do 2024
O
visor de realidade estendida de Apple presentado
o pasado mes de xuño por fin ten unha data de lanzamento nos EE.UU., cando
está previsto que as
primeiras unidades estean dispoñibles nas tendas o 2 de febreiro, abrÃndose
o perÃodo de reserva o 19 de xaneiro.
O novo trebello, que funcionará co sistema operativo visionOS, promete unha
revolución ao achegar ao público o que Apple chama computación espacial, e que facilitará
novas experiencias grazas a unha interface de uso tridimensional e a
posibilidade de interactuar mediante a voz, as mans e incluso a mirada.
AÃnda non está moi claro o tipo de uso que o público dará a este tipo de
dispositivo, pero Apple está a orientalo inicialmente á produtividade (de xeito
que o usuario pode colocar pantallas virtuais ao seu redor para poder mudar
considerablemente os seus fluxos de traballo) e ao lecer (permitindo o consumo
audiovisual en pantallas virtuais de grande tamaño con posibilidades estereoscópicas
e incluso ofrecendo posibilidades de xogo). De feito, o propio iPhone está a prepararse
para poder gravar contidos estereoscópicos que logo poidan reproducirse no
visor con volume, polo que podemos entender que Apple confÃa en conseguir
trunfar onde fracasaron estrepitosamente os televisores 3D.
O visor ofrecerase con distintas configuracións de bandas de fixación, e
incluso coa posibilidade de incorporarlle lentes con fixación magnética para
que as persoas con problemas de visión poidan gozar das experiencias de
realidade estendida (aÃnda que tal complemente terá un prezo de até 149
dólares).
As Vision Pro terán un prezo de venda de 3.499 dólares (sen impostos) con 256
GB de almacenamento, e polo momento só estarán dispoñibles nos EE.UU.,
descoñecéndose se chegarán oficialmente a Europa en 2024 (dependerá en boa medida
de se o fabricante é capaz de satisfacer a demanda do mercado estadounidense,
algo que semella que será complicado, ante as dificultades de fabricación dun
produto tan complexo).