As aplicacións de Fotopanorama.com, compatibles con trebellos de Apple e con Android
martes, 4 de outubro do 2011
A iniciativa galega Fotopanorama.com, da que falamos
recentemente para informar dunha xanela aberta ás Illas Canarias en formato
360º, vén de presentar unha importante novidade no que se refire ao nivel de
uso e accesibilidade dos elementos da páxina web en cuestión. Segundo nos conta
Ricardo Cambón, fotógrafo e autor do devandito espazo en liña, as aplicacións
de fotografÃa esférica HD360 que se desenvolven ao abeiro desta web, xa son
compatibles con iPad, iPhone e máis con Android.
A idea, infórmanos, e ir un pouco máis alá na
súa arela de innovación e buscar, ao mesmo tempo, a máxima compatibilidade nos
recursos multimedia que se ofrecen. En definitiva e para entendérmonos, a
partir de agora, tódalas visitas virtuais que se fagan neste espazo dixital son
compatibles cos trebellos de Apple. Segundo engade Ricardo Cambón, as
posibilidades que ofrecen estas novas tecnoloxÃas, funcionando en HTML5, son
ben amplas. Un exemplo disto podemos vela na imaxe, unha captura dunha visita virtual
realizada recentemente ao novo barco Stril Merkur, fabricando nos Estaleiros
Gondán. O mesmo se pode dicir da visita feita aos
estudos de Mans-Paideia.
