As aplicacións de fóra da App Store chegarán a iPad o vindeiro luns
venres, 13 de setembro do 2024
Apple confirmou hoxe un cambio importante na distribución de aplicacións para iPadOS 18 na Unión Europea, que consistirá en permitir a instalación de aplicacións de tendas alternativas para usuarios europeos a partir do vindeiro 16 de setembro. Este cambio chega acompañado coa posibilidade de que as aplicacións para iPadOS tamén fagan uso dun motor de navegación web alternativo (ou sexa, que poderá haber navegadores web que non compartan o motor de Safari).
Estes cambios realÃzanse en cumprimento coa lexislación europea, e xa hai meses que se aplicaban aos iPhone, pero finalmente os reguladores europeos consideraron que Apple debÃa empregar os mesmos criterios do iPhone no iPad, dada a repercusión económica que ten esa categorÃa de produtos a nivel europeo e o seu impacto no negocio da creación de aplicacións.