As autoridades estadounidenses advirten de que non se pode conducir cunhas Vision Pro
martes, 6 de febreiro do 2024
A chegada das Vision Pro ás tendas están a provocar moita expectación por parte do público, e para aproveitar a situación non faltan individuos que realizan co visor posto accións para o que non está destinado, simplemente para chamar a atención, principalmente en redes sociais.
Ante a falta de sentidiño de certos cidadáns, vimos como o secretario de Transporte, Pete Buttigieg, tivo que advertir publicamente que todos os sistemas de asistencia á condución que hai autorizados nos automóbiles nos EE.UU. requiren que un humano estea aos mandos en todo momento, pois comezaron a proliferar os vÃdeos nos que vemos a inconscientes empregando as Vision Pro mentres están ao volante dun Tesla, coas mans apartados do volante mentres manipulan elementos virtuais. O que acontece nun destes vÃdeos é aÃnda peor, xa que o Tesla en cuestión é un Cybertruck, que carece do mal chamada piloto automático, polo que levar un visor mentres se circula é unha temeridade e unha clara infracción de tráfico.
HaberÃa que matizar que as Vision Pro están baseadas en cámaras e pantallas, polo que non son un dispositivo seguro para empregar fóra de interiores, especialmente en movemento, polo que os poucos posuidores destes visores deberÃan facer caso omiso das tolerÃas que fan os influentes para captar a atención e tirar de sentidiño á hora de empregar o novo dispositivo de moda.