As buscas de Google mediante IA poderÃan pasar a ser de pagamento
xoves, 4 de abril do 2024
As páxinas do Financial Times recollen unha curiosa información que asegura que Google está a considerar cobrar polas buscas alimentadas mediante intelixencia artificial, o que supón un importante cambio no modelo de negocio da compañÃa de Mountain View.
Dende o xornal económico sosteñen que Alphabet está a analizar a posibilidade de colocar parte do seu negocio central tras un muro de pagamento, mantendo o acceso básico ao buscador web de balde con publicidade.
Cómpre salientar que nos últimos meses son moitas as preocupación sobre o modelo de negocio de Google pola emerxencia da IA, pois conseguir resultados a consultas nunha única operación, sen ter que moverse entre varias páxinas de resultados de busca e sen ter que visitar varias páxinas web con publicidade integrada provoca un claro descenso das impresións publicitarias, que son a principal vÃa de ingresos da compañÃa de Sergey Brin e Larry Page, polo que parece razoable mover certas opcións avanzadas, que precisan de importantes investimentos económicos para funcionar, tras un muro de pagamento.
Oficialmente Google non confirmou estes rumores, aÃnda que a compañÃa si destacou que non teñen previsto ofrecer unha versión de pagamento do seu buscador que careza de publicidade.